Xornada libre de chuvia a desputada este domingo na Costa da Morte, no concello de Carnota. A estación de Lira deixa datos moi na liña do apostado pola maioría d@s meteoludópatas, polo que o resultado son grandes puntuacións, todas agás unha por riba dos 50 puntos.
A madrugada do domingo deixou a temperatura mínima en valores altos que non baixaron dos 10º C. As derradeiras horas estivo preto de descender a 9, pero non chegou a modificar a cifra anterior. A máxima tamén puido ser superior ós 16º C. finais, pero quedou a duas décimas de facelo. Sen chuvia en todo o día, o refacho fíxose decisivo. Na primeira metade do día acadóuse unha marca de 24 km/h. A partires do mediodía foi crecendo a forza do vento e pouco antes da caida do sol rexistróuse o refacho máximo do día, 47 Km7h. que foron definitivos para a resolución da táboa de resultados.
Exhibición de Botikas, xogador máis loureado da Liga da Inverneira, con 59 puntos. Un miserable kilómetro por hora afastóuno dun histórico pleno en Lira. Pouco máis que explicar da sua aposta, que semella vai meter o medo nos seus predecesores na Clasificación Xeral.
Seis xogador@s sumaron 58 puntos no seu marcador. Víbora, Popolo, Compoñente Sur, Budainca, Nanuq e Bar Pequeno. Curioso grupo con apostantes en tódalas zonas da táboa xeral. Semella que collen folgos cara o puro inverno galego.
E ata 10 xogadores marcaron 57 puntos, con Beocha, Verducido, Oscar, Xowi, Aki, Sarabia, Landrán, Kalandrakas, Breogán77 e Modesto. Mot@s del@s están imbuidos en loitas dentro do Top-10 xeral.
A xeral segue liderada por Juanito Caminante, que segue perdendo vantaxe cada vez que non chove. Catro puntos por tras chega Xowi. Máis lonxe, a 10 puntos váise achegando Verducido. Nanuq, 4º, Beocha 5ª e Sarabia 6ª tamen rouban puntos á cacheira. Alucarda baixa ata o 7º lugar achuchada por Botikas, Modesto e Aki que tamén rañaron vantaxe co liderato e pechan o Top-10.
Se queres acadar toda a información relevante da 9ª xornada da Liga da Inverneira no concello de Carnota, pica no enlace embaixo exposto.