Oportunidade de trocar as cousas a mellor en Ponteareas. A estación meteorolóxica de A Granxa ofrece unha xornada onde o vento, a chuvia e as temperaturas poden facer que a túa situación na táboa xeral sexa máis satisfactoria. A borrasca Mónica agasállanos cun cúmulo de posibilidades que fan desta 25ª etapa un inferno que se pode convertir en ceo se as apostas son acertadas. O centro de atención, sen desdeñar o Top-3, está nas loitas pola zona interna do Top-10, con moit@s candidatos a entrar na mesma, intencións de manterse ou incluso mellorar se as diferenzas son as suficientes. Ou preparar a cama para unha derradeira xornada intensa…
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 10 e os 14º C. as mínimas van dende os 3 ata os 8º C. Cantidades de chuvia variadas, entre os 4 e os 19 litros. E refachos de vento con valores entre os 21 e os 52 km/h.
Con estes datos temos ante nós unha das derradeiras oportunidades de mellora nesta X edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Recomendamos encarecidamente o seu seguimento ao vivo dende este enlace, a partires das 01:40 desta mesma madrugada e o domingo dende a mañanciña ata o final da etapa. Moito en xogo en A Granxa!!