Intensa xornada a de onte no concello de Ponteareas para a desputa da penúltima xornada da X edición da Liga da Inverneira. Gran oportunidade que non todo o mundo foi quen de aproveitar. Ó longo da xornada houbo innumerables trocos tanto na elección do gañador coma na táboa xeral de clasificación. Onde máis loita se agardaba era na zona lindeira ó Top-10 e foi a que máis se moveu, ainda que non ó gusto de tod@s. Xornada chuviosa e con vento na que moit@s competidores se sentirán arrepentidos de non apostar máis forte. Pero as apostas fanse o venres e non sempre se pode arriscar…
A xornada comezou con chuvia intensa na que se chegou a acumular máis de 10 litros nas primeiras duas horas de competición. Tamén o vento soprou con forza na madrugada deixando o refacho máximo da etapa en 43 km/h. A temperatura mínima estancouse en 8º C. e xa non baixou dese valor. A máxima fíxose agardar ata a sobremesa, onde acadou un valor definitivo de 14º C. A chuvia foi caendo miudiño ó longo da tarde chegando ata os 18 litros redondeados xusto no fin da xornada.
Esa derradeira chuvia foi a que nos deu o vencedor en soidade en A Granxa. 57 puntos presentou Xowi, mallando a chuvia e perdendo somentes un punto en cada parámetro restante. Terceira vitoria do ano que o fai subir dende o 8º ata o 6º posto, empatado con Landrán pero coa vitoria que o fai estar por riba na xeral. Obxectivo cumprido pero con unha etapa final onde terá que loitar duro para manter a posición. Parabéns ó canadiano!!
Con 56 puntos atopamos a Balboa e Magor, con distintas ambicións e que tamén mallaron a chuvia. Balboa loitaba polo Top-10 e cumpriu. Sube ó 9º posto nunha situación xa bastante desafogada e con algunha posibilidade de atacar os postos que o preceden. Magor chega ata o posto 18, empatado con Modesto pero por riba grazas á unha vitoria mellor valorada. Terá que manter a loita pola posición pero tamén alberga posibilidades de mellora en Cuntis.
55 puntos para Kaltxon, Julio e Michi. Recorta Kaltxon as diferenzas coa cacheira da xeral, tendo a tiro de pedra o 2º posto de Verducido. Dalle opcións de cara a etapa final en Xesteiras. Michi mantén a praza 17 e achégase a Lume na 16. Derradeira opción en Cuntis. Julio, despois de gañar en Xinzo e puntuar ben en Ponteareas queda asó 2 puntos do Top-20, que semella o máximo o que pode aspirar. Xa a posibilidade de mellora é un regalo.
54 puntos para Modesto que perdeu as posibilidades de vitoria cunha mala aposta en temperatura. Debe defenderse de Magor pero ten oportunidade de ataque sobre Michi para deixar un mellor sabor de boca nunha edición que para el está a ser decepcionante.
Popolo e Rasta sumaron 53 puntos. Para Popolo vai ser unha boa oportunidade de subir posicións en Cuntis, o achegarse ós postos de acceso ó Top-10. Dura loita nesta zona de cara á derradeira cita. Para Rasta vai ser a de Cuntis unha busca da vitoria, pois non ten depredadores preto nin semella que poda depredar máis aló do posto 23 que ocupa. Pode ir preparando a seguinte edición.
Estes son as 9 mellores puntuacións de A Granxa, penúltima cita da Liga da Inverneira. Para acadar tódolos datos recollidos no concello de Ponteareas, pica no enlace que ofertamos embaixo estas letras.