Descoñecemento ou covardía?

Rematada a 15ª etapa da Liga da Inverneira podemos destacar a perda dunha boa oportunidade para mellorar a clasificación xeral. Non sabemos se por falta de previsión ou por medo a sobrepasar os límites os meteoludópatas apostantes quedaron lonxe da marca final de chuvia no Alto do Rodicio. Tod@s tivemos (inclúome no saco) a posibilidade de acadar máis altas cotas de acerto neste parámetro coa consecuente melloría. Pero o síndrome do dedo covarde fixo que tódol@s apostantes quedaran por baixo do valor final de chuvia. Quedan moitas xornadas ainda e non podemos andar a medirnos neste momento da historia…

Os primeiros instantes da xornada foron decisivos para o desenvolvemento da mesma. Os primeiros datos marcaron a temperatura máxima no Alto do Rodicio con 6º C., xa inamovibles. Tamén a marca de refacho de vento se rexistrou nesa primitiva hora, acadando os 55 km/h. E como se agardaba tamén a chuvia fixo aparición, chegando ata os 10 litros cara as 03:30 horas e, despois dun impás relativamente corto, retomando actividade máis aló das 05:00 horas e reflictindo un valor de 13 litros redondeados. Cara a hora do vermú volveu á actividade sumando medio litro máis, insuficiente para mudar o xa establecido. Para a temperatura mínima foi necesario agardar ata a derradeira hora do día, establecendo un valor de 2º C.

O troco final na temperatura fixo que Modesto tivera que compartir a vitoria con Mina e Compoñente Sur. O máis intrépido na chuvia foi Modesto, pero o alto acerto en temperatura de Mina e Compoñente Sur igualaron os marcadores para repartir o trunfo con 52 puntos. Mina mantén a 5ª posición pero achegándose moito á 4ª praza de Beocha. Compoñente Sur supera a Breogán77 e conquire a 7ª praza recortando o burato coa élite do Top-10, o mesmo o que se achega Modesto, catapultado á 14ª posición e buscando entrar no exclusivo club. Parabéns para tod@s el@s.

Con 51 puntos anotados están Xowi, Víbora e Verducido, todos na loita polas posicións de honra. Xowi e Víbora recuperan unha posición, Xowi para entrar no Top-10 e Víbora inmediatamente despois. Verducido colle a segunda praza en soitario despois de acadar 2 puntos máis que Kaltxon e o líder Botikas para non perder o tren deste último.

Con 50 puntos entro Breogán77, ainda que perdendo posición. Válelle para alonxarse un pouco de Balboa, seu máis inmediato perseguidor.

E 49 puntos suman o líder Botikas, Kaltxon, Rasdgar, Popolo e Michi. O líder mantén posición de privilexio, Kaltxon segue no destacado Top-3 mentras Michi, Popolo e Rasdgar avanzan xuntiños cara o Top-10 nas posicións 16, 17 e 18 respectivamente, ainda que é unha zona de moita competencia e deben nadar contracorrente.

Estes son as 12 mellores puntuacións da 15ª etapa, desputada no Alto do Rodicio. Se queres acadar máis detalles do acontecido onte na comarca de Maceda, pica no enlace que deixamos baixo estas letras.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *