Detalles da Liga

Despois do remate da VII Liga da Inverneira de Galiza podes atopar o máis destacado na Clasificación Xeral final. Pero imos resumir algúns datos estadísticos máis pequenos pero que poden dar lugar a comportamentos fachendosos pero fundamentados no ineludible escrutinio estadístico. Avanzamos algunhas delas, co compromiso de ampliar os datos en próximas datas. Publicamos unha orgullosa porcentaxe de acerto por parámetro e e xeral, gráfica de vitorias e penalizacións e un resumo das cifras manexadas nesta edición da Liga da Inverneira.

Ademais podemos ir avanzando a celebración da VIII Liga da Primaveira. Desputarase a partir do domingo 11 de abril, con aposta o venres 9 de abril. O lugar escollido é o profundo sur dos estados do Golfo, en Estados Unidos. A primeira visita ó gran país de Norteamérica, o máis (… escolle o adxetivo…) do mundo. Durante 10 xornadas percorreremos o gran pantano dos USA, entre xente descalza, con pantalón de peto e barbas vermellas, con mazarocas de centeo na boca e montados en furgonetas con rodas de tractor.

Durante a fin de semana publicaremos tódolos detalles da nova competición en exilio. E como, non, todo o que atingue á OjeteQuake World Globe, a nosa competición anual de terremotos, que arrincará na mesma data da Liga meteorolóxica de Primaveira.

eltiempoentuojete inicia a súa propia Invasión USA.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *