
Impresionante final de Liga desputada na inédita estación de O Xistral, en Muras. E non defraudou o desenvolvemento da etapa nin as apostas d@s meteoludópatas implicad@s nas distintas loitas que se presentaban. Basta destacar que chegamos ao desempate por puntos en tres ocasións para o Top-10.
As temperaturas entraban nas prediccións de vari@s apostantes, pero entre as máis baixas. Ainda que a tarxeta da históricos de Meteogalicia amosa un 0, os gráficos diarios reflicten 0,1 litros recollidos cara as 22:30 h. Non muda nada. Os refachos de vento tamén soplaron no agardado, pero pola parte superior.
A xornada comezou con temperatura baixo 0 e mantívose estable ata o amencer para marcar unha mínima de -1º C. que foi definitiva. Isto deu vantaxe a Verducido sobre Botikas, pero o refacho, que iniciou a xornada por riba dos 80 km/h, acadaba os 95 km/h. cara as 02:00 horas e devolvía o liderato a Botikas na espera da resolución da temperatura máxima. Despois do amencer a temperatura comezou a medrar con facilidade. As 11 da mañá había 4,6º e ás 12:10 a marca era de 5,4º C., o que presaxiaba altas temperaturas no xantar. Pero nada máis lonxe da realidade. O mercurio estancóuse, oscilando entre os 5 e os 5,4, ata que pouco máis alá das 14 horas claudicou e iniciou o descenso coincidindo coa entrada de brétemas no norte do país. As esperanzas de Botikas esvaecíanse. Pero ainda o vento tiña algo que dicir e, ainda que decaeu no transcurso do serán, cara a noitiña voltou deixar valores por riba dos 80 km/h. O suficiente para acolloar a Verducido ata o remate da xornada.
Un único punto recuperou Verducido a Botikas, pero a vitoria de etapa fai que o desempate o beneficie pola maior cantidade de vitorias (3 a 2). Foi a Liga de Inverneira máis desputada ata o de agora. Nunca se chegara o desempate para derimir un vencedor final. Tras cortar unha xeira inédita de 3 vitorias finais consecutivas, Botikas cede de mala gana o trofeo a Verducido, que logra o seu segundo título, tras vencer na edición inaugural. Seis anos de paciencia e traballo despois chega a recompensa, adozada por superar (por moi pouco) ó mito meteorolóxico amateur de Botikas. Beocha acada unha das suas mellores participacións na competición, pero segue a agardar unha vitoria final que culmine a grande cantidade de podios que amorea. O bronce que pecha unha Liga sen vitorias para ela.
Por detrás, Modesto dominou a xornada do “grupo soicida”. Vitoria de etapa, a quinta da tempada, e un posto 4 que lle merecen o título de “novato do ano” e un dos mellores inicios na historia de eltiempoentuojete. Semellante ós inicios dalgún dos compañeiros de grupo, que non tiveron opción de réplica no Xistral. Víbora rebañou a distancia con Julio cunha aposta arriscada en vento, pero o desempate foi favorable a Julio no reconto de vitorias. No mesmo caso, Punteiro levou o desempate con Marius, á conta dunha mala aposta en refacho de Punteiro e unha gran xornada de Marius, que lle restou 6 puntos, pero sen mellora na xeral. Xowi acada o 9º posto nunha xornada sen obxetivos que perseguir. Pero na 10ª praza saltou a sorpresa. Un abatido Balboa, con 5 puntos de colchón cos antecesores, perdeu 7 con Mina, que acada unha posición máis acorde co seu pedigrí. Balboa tamén sentíu a presión con Landrán, quen, na sua 4ª vitoria da Liga, achegóuse a dous puntos despois de deixar cravado a Michi.
Destaca tamén a xornada de Breogán77, subindo 4 posicións na xeral, ata o posto 18. Popolo remata no 15, subindo tres postos.
En resumo, vitoria compartida en O Xistral de Verducido, Modesto e Landrán. Na Clasificación Xeral, Verducido primeiro, Botikas segunda praza e caixón de bronce para Beocha. Durante esta semana publicaremos algunhas estadísticas xeradas nesta VII Liga da Inverneira de Galiza. Ata entón, podes consultar o acontecido nesta derradeira xornada e os resultados xerais de toda a competición no botón exposto embaixo..
Tamén esta semana falaremos dos retos preparados para a Primaveira e o Vran nas competicións meteorolóxicas, e a OjeteQuake, con nova competición sísmica. Non perdas nada do que temos preparado para esta semana. Eso sí, sen a tensión da competición. Relaxa, relaxa… Ohmmmmmm…