A incerteza do descoñecido

Imaxe de satélite o mediodía do sábado. Meteogalicia

A VII Liga da Inverneira de Galiza vai ter a sua resolución nunha estación meteorolóxica inédita ata esta xornada. A priori semella uha das estacións do occidente de Lugo onde se rexistran máis precipitacións e refachos de vento máis fortes. Esta etapa inaugural seica vai prescindir da chuvia, pero a súa altitude, de máis de 1000 metros e a previsión dunha fronte fría, pode facer de O Xistral un inferno posiblemente xeado. As diferenzas son mínimas entre algúns apostantes e as apostas reflicten innumerables posibilidades de troco de posición.

As apostas en temperatura máxima van dende os 5 ata os 9º C. na súa maioría, con tres apostas con valor superior a 10º C. As mínimas oscilan pouco, con apostas entre os -2 e 1º C., e 4 apostas por riba desta marca. As apostas en pluviosidade están baleiras agás duas apostas de 1 litro e unha aposta soicida con 6 litros. A variable decisiva podería ser o refacho de vento, dentro do que atopamos valores entre 38 e 105 km/h., máis duas apostas por baixo dos 30 km/h.

A partir das apostas e das prediccións oficiais agardamos unha gran xornada final, con loitas variadas en moitos tramos da clasificación xeral e unha vitoria en terreo descoñecido que busca un dono que lle dea nome. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partir da 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

E advertimos que xa temos ubicadas as sedes dos torneos de Primaveira e Vran, xuntamente cunha nova edición da OjeteQuake World Globe, a nosa competición anual de predicción de terremotos. Daremos conta de todo isto ó longo da semana entrante, despois de coñecer os resultados finais da cita actual no país galego.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *