As primeiras folerpas

Chega o tempo da neve ás zonas de montaña do país e en eltiempoentuojete temos ocasión de estar alerta ó que aconteza nesta 14ª xornada da Liga da Inverneira. Esta é a etapa que fai de gozo na metade do viaxe a través da xeografía galega na busca do mellor meteorólogo amateur do ano. A Serra do Eixo ten parada e fonda obrigatoria para a tropa de meteoludópatas na procura de quentura. Benvid@s a unha das 3 estacións meteorolóxicas do concello de A Veiga.

As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os 0 ata os 11º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -4 e os 8º C., estas de novo con oscilacións medias, máis esa aposta polo quente. A precipitación é un moi parámetro discutido, con valores dende os 0 ata os 16, con marxe para a xeral. Mentras. os refachos de vento van dende os 14 ata os 80 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto con apostantes botando o resto, coma Modesto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

As primeiras folerpas Ler máis »

Vento a favor na cacheira

Como xa predicimos no prólogo esta xornada de Ventosa non venta nada. Imos ter que trocarlle o nome por Calmuza ou Calmosa se nos atemos os datos rexistrados neste parámetro este domingo. Ademáis, esa falta de vento non resultou na conseguinte e agardada xiada e tampouco a falta de nubosidade se traduciu en temperaturas altas no mediodía. En fin, xornada con valores altos nas puntuacións, con apenas dous participantes por baixo dos 50 puntos, que sí apostaron pola xiada, as altas temperaturas e o vento medio-forte.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada con 4º C. Na derradeira hora da sobremesa acadóuse a máxima diaria con 12º C., preto dos 13 pero sen acadalos. A presenza da chuvia era dubidosa, e apenas caeu 0.1 litros que deixa un redondeo de 0 litros, ainda que non houbo puntos que chorar nese parámetro. O vento marcou un refacho máximo de baixaconsideración, con uns miserentos 20 km/h.

E nesta situación volveron destacar os inquilinos do máis alto da clasificación. Os tres vencedores en Navia de Suarna están entre os 4 mellores da xeral, sumando 58 puntos no seu peto. Kaltxon e Landrán aumentan a súa vantaxe sobre a 3ª clasificada, Beocha, quen tamén sinte o alento do outro vencedor, Julio. Estes 4 están nunha marxe de 13 puntos e xa collen unha distancia sinificativa co resto de competidores. Se continúan con esta consistencia poden alonxar ainda máis os grandes xogadores ameazantes con pedigrí.

Aventaxaron a tres Top-10 e unha Top-15 nesta xornada. Con 56 puntos entraron a 3ª clasificada, Beocha, que mantén o tipo despóis deste ataque por riba e por baixo. Verducido consolida a 6ª praza pero sen achegarse ó 5º, Botikas. Pola súa parte, Rasta, nunha das súas mellores tempadas, rabuña a 8ª praza de Marius e ameaza seriamente á 7ª de Modesto. Por tras, Lume acada o Top-15, subindo 3 posicións nas derradeiras 2 xornadas.

E con 55 puntos atopamos ó “goatBotikas, perdendo comba para un novo título, a Xowi, loitando por manter ó Top-10 e incluso con ansia de agatiñar por el, e a Rasdgar, que tenta de apañar no propio Xowi para entrar neste Top-10 tan esixente coma sempre.

Estes foron os 9 competidores mellor situados nesta etapa de Ventosa. Para acadar tódolos datos recollidos na 13ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Clima ou morte!! (millor, clima)

Vento a favor na cacheira Ler máis »

Un nome pouco atinado

A 13ª etapa da Liga da Inverneira lévanos ata o concello lucense de Navia de Suarna. A estación de Meteogalicia noméase como Ventosa, pero despóis de varios anos de xogo puidemos constatar que o nome debe referirse ó método de suxeición á terra. O vento eiquí foi, na maioría das ocasións, de baixa consideración. E semella que nesta ocasión vai seguir as mesma norma. Tendo en conta que a priori a chuvia tampouco vai ser factor importante, a temperatura vai ser o parámetro que determine o vencedor ou vencedor@s da xornada. Tampouco semella que a clasificación xeral mude con carácter decisivo, ainda que xa sabemos que un puntiño hoxe pode determinar o futuro.

As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os 9 ata os 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -1 e os 6º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación non é un parámetro discutido, con valores a 0 en tódolos casos, unanimemente. Mentras. os refachos de vento van dende os 11 ata os 49 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.

Parece compricado predicir vencedores con estas diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Un nome pouco atinado Ler máis »