Se o sei, quedo na casa

Semella que non atinamos cando escollemos New South Wales para celebrar a VII Liga de Primaveira. Ainda que chove, non o fai no día de autos, o domingo. Nesta ocasión probamos o interior de Illawarra, a preto de 700 m. de altitude, pero non temos sorte… Se o soubera de antemán, QUEDABA NA CASA…

Pero iso quere dicir que imos ter outra xornada de infarto, con puntuacións moi semellantes, onde cada punto pode valer varias posición na távoa xeral.

As apostas de temperatura van dende os 9 ata os 16º C., cun pico en 18º. As mínimas están entre 1 e 5º C., con picos entre 7 e 10. As apostas de auga están valeiras e o vento móvese entre os 23 e os 64 km/h.

Moi emocionante xornada que podes seguir ao vivo dende este enlace, a partires das 16:30 de hoxe mesmo.

As apostas:

Saude e sorte!!!

Se o sei, quedo na casa Ler máis »

O ecuador austral

A VII Liga de Primaveira chega o seu ecuador sen rastro de chuvia. Pero, incriblemente, con xornadas secas e de alta puntuación, as vitorias acadáronse en soidade. E Williamtown seguíu ese camiño e elevou ós altares a un fixo da zona media da xeral. Somentes un kilómetro o separou do pleno, atinando de cheo nas temperaturas.

Temos que dicir que non coinciden as medicións de temperatura mínima, pero nos resultados horarios tampouco temos referencias menores dos 9º C., ainda que semella que poido baixar desa cifra.

Se queres unha achega a tódolos datos da xornada en Williamtown, pica no botón abaixo exposto. No botón inferior tamén podes atopar a crónica de Yamba, elaborada por Breogán77. O retraso na publicación débese a un faio da organización, en ningún caso do cronista.

Saude e sorte!!!

O ecuador austral Ler máis »

Williamtown en seco

A 5º xornada da VII Liga de Primaveira ven diagnosticada coma seca. Non estamos tendo sorte no outono austral no canto da chuvia. Pero iso reflicte nas puntuacións e tod@s podemos presumir de altos niveis de precisión nas prediccións. Esta semana atopamos máis variedade nas apostas de vento, pero no resto, será unha xornada semellante ás anteriores.

Nas apostas de temperatura máxima, hai rexistros dende 17º ata 22º, cun pico en 25º C. As mínimas van dende 7º ata os 10º, cun pico en 14º C. Non consta nengún valor en auga e o refacho de vento establécese entre os 25 e os 58 km/h., cun pico mínimo de 15 km/h.

A tardanza ou ausencia de vari@s participantes fan que os que sí están na liña de saida en Williamtown podan ascender na clasificación xeral e teñan maior probabilidade de vitoria. Da mesma maneira que nas derradeiras xornadas, moita igualdade nunha xornada que podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 16:30 do día de hoxe.

Nas vindeiras horas tamén publicaremos a crítica crónica da xornada de Yamba.

As apostas:

Saudos e sorte!!!

Williamtown en seco Ler máis »