Actualizacións
Dende eltiempoentuojete facemos saber da publicación das Críticas Crónicas atrasadas e da desta mesma semana. Desculpas pola tardanza. Podes atopalas neste botón.
E tamén temos unha nova reivindicación aconsellada por parte de Botikas.org, nesta ocasión o tema é o clima mundial. Fai clic no botón de embaixo.
Recorda apostar antes das 24:00 horas do venres. E moito coidado coa xornada de Marroxo, semella unha trampa meteorolóxica. Atención…
A primeira de montaña

Xa temos resultados para a primeira xornada montañosa da VI Liga da Inverneira. A Fonsagrada seguíu coa liña marcada nesta parte outonal da competición. Chuvia de mañanciña, vento frouxo e temperaturas que cairon ó final do día.
Tres competidores sairon vitoriosos da xornada, cunha puntuación de 56, moi notable para o tipo de etapa vivida. O posuidor do título recupera o liderato pero sen alonxarse do resto de aspirantes ó cetro meteorolóxico galego. Por tras, a xeral ten pequenas mudas que podes comprobar tí mesm@ facendo clic no enlace abaixo exposto.
Saude e sorte!!!
O inicio da montaña
A Fonsagrada marca o inicio da rolda de etapas de inverno en eltiempoentuojete. Os meses de Decembro e xaneiro imos xogar nos cumios da comunidade, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. Agardamos que tod@s esteades no camiño da redención…
As temperaturas máximas están entre os 10 e 11º C, con algún 9 e un 16. Para as mínimas as apostas roldan dende 1 ata 6º C. As cantidades de auga establécense entre 1 litro ata os 35. Os refachos van dende os 16 ata os 63 Km/h.
Moito que atender este finde na montaña de A Fonsagrada, que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires da madrugada do sábado.
As apostas:
Sorte e clima!!!
A Lei do novato

Tódolos novatos adoitan ter unha etapa de aprendizaxe. E algúns seica nacen aprendidos. Éste é o caso do novato do ano (non hai outro) nesta edición da Liga da Inverneira. Semella que levaba anos buscando unha panda de frikis coma nós. Pois atopaches o lugar…
Todo novato soña con unha iniciación á competición por medio dunha vitoria. Éste fixoo pola porta grande, cunha vitoria en soidade e marxe dabondo sobre o resto de xogadores. E por riba, pecha o grupo de 6 meteoludópatas destacados na clasificación xeral. e moito coidado, este tipo de vitorias tes que saber xestionalas. Ou vas para riba ou tocas fondo coma algún ex-compoñente de eltiempoentuojete que a día de hoxe anda a deixar as drogas, o alcohol e incluso os amig@s. Con nós tiña un futuro prometedor…
O resto do pelotón ten moito que contar, pois foron moitos os tumbos que deu a xeral. A parte superior moi destacada e cunha fenda que abriu o novato e pechou un Top-10 cun retraso imperdoable. Somentes Lume poido fechar un pouco esa fenda.
Pero se queres coñecer de primeira man o acontecido na 10ª xornada da VI Liga da Inverneira de Galicia, preme no botón abaixo estas verbas.




