Amelie muda a xeral

Amelie en Galicia e Europa baixo as borrascas

O clima nesta inverneira en Galicia estanos a deixar un dos mellores inicios de competición entre todos os anos desputados. Despois de acadar máis de 100 litros en moitos puntos da comunidade, Penedo do Galo, en Viveiro, marcou 160 km/h. na noite do venres. Era o anticipo do que nos agardaba en Serra da Faladoira

Amelie é o nome da borrasca (un vagón máis do tren) que visitou Galicia na xornada do domingo. E seica non lle gustaba a Clasificación xeral, porque unha vez fixo noite, moitas posicións foron trocadas, polo que se establece unha nova orde.

Incontables líderes durante o desenrolo da etapa deixaron paso a tres protagonistas principais. Éstes contaban coa maior cantidade de auga e ventos moi precisos. O gañador non contaba con boas prediccións na temperatura, pero no resto dos parámetros foi o mellor. Levou a xornada despois da caida do derradeiro litro e adiantou a un fulano que bota de menos 10 puntos por penalización. Ademáis, un litro máis houbéselle dado o liderato. Pero este quedou nas mans da terceira mellor aposta da xornada, unha vella coñecida (recordas Mina Morales?) que ainda non ten este trofeo enriba da alacena.

Por tras moit@s dagnificad@s polo paso do temporal e a apertura de buratos na xeral é un feito. Se queres analizar tódolos datos do acontecido na 6ª xornada da Liga da Inverneira, preme o enlace abaixo exposto.

Saude e sorte!!!

Amelie muda a xeral Ler máis »

O expreso do Domingo

Semella que este tren de borrascas que estamos a padecer/desfrutar non remata ainda. E nesta fin de semana o xogo desplázase ata o extremo norte do país. Ortigueira é o concello que acolle a 6ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. E a priori a etapa vai ser un equinossio onde se agardan cantidades importantes de chuvia, refachos de grande intensidade e temperaturas en descenso. Isto é, todo o que fai que unha xornada de Liga meteorolóxica poida converterse en lenda. Buscamos a quen faga historia na Serra da Faladoira.

Nas apostas vemos unha amplitude en tódolos campos, polo que a clasificación xeral ten pinta de estar suxeita a modificacións. Veremos de qué forma…

As temperaturas máximas teñen unha amplitude dende 12 ata 19º C. As mínimas van dende os 8 ata os 14º C. As apostas de pluviosidade abarcan dende os 2 litros ata os 40. Non semella que estemos de acordo… No canto dos refachos, tamén moi aberto, van dende os 46 ata os 140 km/h.

Con todo isto agardamos unha xornada espectacular climaticamente falando. Podes seguila ao vivo o domingo neste enlace.

Saudos e sorte!!!

O expreso do Domingo Ler máis »

Aprobado xeral

Antes de nada, felicitar ó grosso dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. A media de puntos xeral estivo por riba dos 55 puntos, posiblemente un record nunha xornada de calqueira competición celebrada. Somentes o tardoso e un pronóstico de chuvia baixaron o nivel de calidade.

Pero o realmente incrible é que teñamos unha gañadora en soidade. Antes de que caese a etapa do seu lado, tiñamos 7 distintos vendedores. Somentes 4 kms/h a separaron dun pleno que fai máis de 2 tempadas que non sucede. Entra no Top-5 da clasificación xeral e presenta solicitude de loita.

A xeral móvese bastante, a pesar da igualdade da xornada. A pouca diferenza nos postos de élite tradúcese en pequenos trocos de posición, ainda que semella que a xeral está máis compacta que antes. Os 10 primeiros están nunha distancia de 8 puntos e por tras veñen dando luces unha caravana ávida de mellora na clasificación. Na fronte, o líder segue inalterable e acada o seu primeiro galardón de Xogador do mes de Outubro. Noraboa.

Se queres acceder a tódolos datos da 5ª xornada da Liga da Inverneira, xogada en Ponte Caldelas, pica no botón abaixo exposto.

Saude e clima!!!

Aprobado xeral Ler máis »

Remanso no Verdugo

A 5ª xornada da VI Liga da Inverneira semella ser unha xornada de transición. Pero son estas xornadas as que non se pode faiar. Ninghuén vai gañar a liga nesta etapa, pero sí podes perder algo difícil de recuperar.

Ao non agardar precipitación, faise vital axustar na temperatura e no refacho de vento. As temperaturas máximas abarcan dende 15 ata 21º C. As mínimas están entre os 9 e os 15º C. O refacho móvese entre os 9 e os 40 km/h. Na pluviosidade temos varios litros de auga soltos, 4 xuntos e unha aposta de 12 litros, pertencente a un vello coñecido ó que damos a benvida de novo, ainda chegando un mes tarde. Saudos, Denodeno.

A xornada ao vivo podes seguila durante o domingo a partires da madrugada dende eiquí.

As apostas:

Saudos e sorte!!!

Remanso no Verdugo Ler máis »