A Lei do novato

Xa podes quitar o L do paraugas

Tódolos novatos adoitan ter unha etapa de aprendizaxe. E algúns seica nacen aprendidos. Éste é o caso do novato do ano (non hai outro) nesta edición da Liga da Inverneira. Semella que levaba anos buscando unha panda de frikis coma nós. Pois atopaches o lugar…

Todo novato soña con unha iniciación á competición por medio dunha vitoria. Éste fixoo pola porta grande, cunha vitoria en soidade e marxe dabondo sobre o resto de xogadores. E por riba, pecha o grupo de 6 meteoludópatas destacados na clasificación xeral. e moito coidado, este tipo de vitorias tes que saber xestionalas. Ou vas para riba ou tocas fondo coma algún ex-compoñente de eltiempoentuojete que a día de hoxe anda a deixar as drogas, o alcohol e incluso os amig@s. Con nós tiña un futuro prometedor…

O resto do pelotón ten moito que contar, pois foron moitos os tumbos que deu a xeral. A parte superior moi destacada e cunha fenda que abriu o novato e pechou un Top-10 cun retraso imperdoable. Somentes Lume poido fechar un pouco esa fenda.

Pero se queres coñecer de primeira man o acontecido na 10ª xornada da VI Liga da Inverneira de Galicia, preme no botón abaixo estas verbas.

Sorte e clima!!!

A Lei do novato Ler máis »

Antes do anticiclón

Disque o luns remata o tren de borrascas e entra o anticiclón. Ou quizais o martes… A verdade e que hasta que vexamos o sol non o vamos crer. Pensade que os nosos ollos xa non poden aturar tal cantidade de luz. Aproveitade o Black Friday para mercar unhas gafas de sol para inverno…

Pero en eltiempoentuojete ainda nos queda unha predicción a priori sobre mollado. Unha estación a boa altitude dentro da Ría de Pontevedra semella unha gran opción para despedir o tren de borrascas.

As apostas de temperaturas máximas abranguen dnede os 9 ata os 14º C. e cun pico de 16º. As mínimas van dende os 5 ata os 11º C. As apostas de pluviosidade están entre os 0 litros ata os 18 e no refacho de vento van dende 12 ata 72 km/h.

Con todo isto temos unha xornada moi interesante, con moitas diferenzas nas apostas e que podes seguir ao vivo dende este enlace.

As apostas:

Sorte e clima!!!

Antes do anticiclón Ler máis »

Apareceu o peine

Foi cara esta tarde cando descubrimos que os datos necesarios para dilucidar o resultado da 9ª xornada de liga, desputada en Lira, estaban dispoñibles. A verdade é que ningún de nós pensaba na recuperación deses datos. Pero xa están…

Uns detalles: o dato de refacho de vento non se puido atopar. Meteogalicia marca este parámetro coma “non recollido”. Os que sí recolle son os datos de pluviosidade e de temperaturas, máxima e mínima. Veñen marcadas coma “datos interpolados”. Ainda sen saber moi ben a qué se refire, inclúen os resultados da serie de Históricos. Meteogalicia non semella ser unha panda de pailáns, polo que dende eltiempoentuojete dámoslle a validez necesaria para ter un resultado apto para a xornada. Recordamos que o Regulamento permite a resolución dunha xornada cando somentes un dos parámetros é eliminado. Tendo o resto, a xornada é válida.

E cando eliminas un parámetro, os gañador@s multiplícanse. Ata 6 temos nesta xornada.

En resumo, 6 vencedor@s, gran número del@s acadan a segunda vitoria. Troco de líder e movimentos na parte alta da xeral. Tamén na zona baixa, habitat de algúns d@s gañador@s. O novato do ano aguanta firme e trata de agatiñar na xeral…

Pero para poder examinar os datos da xornada de Lira, en Carnota, pica no botón baixo estas liñas.

Sorte e clima!!!

Apareceu o peine Ler máis »

Analfabetos meteorolóxicos

Seica voltamos á escuridade… Ou mellor dito, ó oscurantismo. Semella que a estación en liza da semana, Lira, en Carnota, deixou de traballar. Non coñecemos os detalles, non podemos asegurar se falla a estación en sí, ou se o envío de datos á central é o responsable da carencia de datos.

A estación de Lira deixou de traballar cara ás 06:00 horas da madrugada so sábado. Polo tanto, non podemos sustituir unha xornada coas apostas xa recibidas. E a nosa política actual non permite trocar os datos polos de outra estación. Non semella xusto, nin tampouco científico. E non podemos permitirnos perder a faceta de investigación rigurosa. Das poucas cousas serias que temos….

Desta maneira quedamos a expensas de que o noso distribuidor de datos na Liga da Inverneira, Meteogalicia, achegue algún tipo de dato sobre a estación ou datos recollidos pola mesma. Ainda que Meteogalicia non ten nengún tipo de obriga con esta nosa organización, sí a ten co conxunto de galegos e coa comunidade que interactúa na sua web. Co ben que falamos deles, non podemos menos que ser críticos… Pero hoxe pasamos por ignorantes…

E un recado da miña avóa:

“non rompas os xoguetes vellos antes do Día de Reis, que o mellor traen carbón…”

Analfabetos meteorolóxicos Ler máis »