Desfacendo a entortadura

Xornada final da XI Liga de Primaveira en Perú e todo semella indicar que quedará o título entre os 3 primeiros clasificados. Upina, a máis de 3800 metros de altitude será o campo de batalla que vai escoller o campión desta edición da primaveira en eltiempoentuojete,

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 7 ata os 15º C. con dúas apostas en alza, con 17 e 21º C. respectivamente. Os valores para as mínimas oscilan entre -2 e os 5º C., con unha aposta alta, con 11º C. As precipitacións móvense nun rango de baixa amplitude de entre 0 e 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 10 ata os 30 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Upina, a estación máis ó leste de Cuzco.

As apostas:

Saúde e sorte!!

Desfacendo a entortadura Ler máis »

Mudanza na xeral

A penúltima etapa da XI Liga de Primaveira en Perú déulle a volta á clasificación xeral. O contraste das apostas en auga, xunto a unha inesperada xornada seca, revolucionou de tal forma a orde a distribución das posicións que vai ser imposible (ou case) para @s dagnificad@s recuperar unha xerarquía que quedou nas mans xogadores persecutores, que, en moitos casos, apenas contaban como aspirantes a falta de somentes dúas citas.

A temperatura mínima baixou na madrugada ata os 21º C., un valor que marcaron moit@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 29º C., agardada tamén por moit@s. A presencia da chuvia foi inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 2.3 m/s, 8 km/h. miserentos pero normais para zonas selváticas desta latitude.

Por 2ª semana consecutiva repite a gañadora, vella coñecida do grupo de vacas sagradas de eltiempoentuojete. Mina, con 58 puntos, volveu marcar diferenzas cun marcador ó que pouc@s se achegaron. Mallou temperatura máxima e refacho, perdendo cadanseu punto no resto de parámetros. Pena que veña dende moi abaixo da táboa, con estes resultados estaría optando a título. Ascende ata a posición 14 e ainda soña con acadar o Top-10.

Pero para subida impresionante a de Denodeno, con 56 puntos e que ascende dende a 8ª praza ata a 2ª. Deixa de ser cabaza de inverneira a dama de honra na primaveira e no vran. E esta vai ser a súa grande oportunidade de gañar un título, somentes dous puntos por baixo do líder a falta dunha única xornada. Sería a badalada histórica que lle daría o recoñecemento a un dos seus designios, “Eu non vou cambiar, que cambie o clima…”.

Unha máxima que tamén podería ser de Bar Pequeno se no se perdese unha etapa. Os seus 54 puntos estarían no que se coñecería coma “primaveira miúda“, o levantamento dos desafiuzados. Con esa etapa desperdiciada de seguro ocuparía o Top-10 da xeral. A realidade, posición 22 ainda que con gañas de rematar cunha alegría.

Outro membro desa primaveira miúda é Rasta, con 53 puntos, que sucede a Bar Pequeno na xeral no 23º posto. Unha etapa perdida pode significar o esquecemento e de seguro que moitos remordimentos.

Sen embargo atopamos con 50 puntos a Rasdgar, que froito desta puntuación acada o Top-10 e a posibilidade de mellora na derradeira cita. Outro dos que optou pola chuvia cativa e obtivo recompensa. E ainda pode soñar…

49 puntos para Magor, que ó fin asomou a cacheira. Nunca é tarde para buscar un obxectivo. Pasa do 16º ata o 13º posto e terá a oportunidade de ingresar nun Top-10 que semella compricado ainda que non imposible. Os campión deben dar a faciana sempre.

E 46 puntos para Breogán77 que se encarama ata a 3ª posición, a 3 puntos do líder e que tamén podería dar a sorpresa na cita final. Agochado na 5ª praza, trepa no momento definitivo para multiplicar as súas opcións.

Estes foron os 7 mellores marcadores en Güeppí. Remarcar o liderato de Julio, que marcou 44 puntos o domingo para ser o máximo aspirante ó título de primaveira. Os antigos líderes, Beocha e Verducido, ocupan 4ª e 5ª praza. e o antiguo 4º clasificado, Botikas, ocupa agora a 5ª praza. Os 3 lonxe de recuperar o perdido, ainda que os miragres suceden.

Para acadar tódolos datos recollidos na 8ª etapa pica no enlace baixo este texto.

Mudanza na xeral Ler máis »

Penúltima xornada

Dúas etapas restan para o remate da competición de primaveira e Güeppí é a que toca nesta semana. Lugar selvático onde pode non chover tanto coma cair 27 litros nunha hora como foi este xoves. A compricación da predicción pode apreciarse nas apostas, sobre todonas de chuvia.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 27 ata os 30º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 21 e os 23º C., moi pechadas tamén. As precipitacións móvense nun rango de moita amplitude de entre 1 e 29 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 6 ata os 23 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Güeppí, a estación máis ó norte do país.

As apostas:

Penúltima xornada Ler máis »