Ainda máis emoción

Xinzo foi unha etapa con altas puntuacións, de perfil baixo, isto é, de temperaturas dentro do agardado, mínima chuvia e vento medio.pero ainda así, a estas alturas da papadela, xa no postre, deu unha volta máis na arandela da clasificación xeral. Lonxe de clarexar o desenlace e de despexar dúbidas, cubríu de neblina o final de competición, á que somentes lle restan dúas citas.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 4º C., na media das prediccións dos mellores desta edición. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 11º C., na media da maioría dos pronósticos. O único litro de chuvia sí que era agardado, e o vento marcou un refacho máximo de 43 km/h. que deixou ledos á gran maioría de apostantes.

A vitoria correspondéulle con 58 puntos a dous meteoludópatas con distintos obxectivos nesta recta final de Liga. Para Denodeno significa a primeira vitoria e cuarta histórica. Na súa posición, a 24ª, nada mellor podía agardar, polo que noraboa. Para Víbora é a segunda, que pode ser importante no caso de empate na súa loita por chegar ata o Top-10. Moi preto da 11ª praza, veremos se pode chegar ainda máis alto.

E o que defende esa praza sumou en Xinzo 57 puntos. Xowi mantén a posición e acosa a Landrán na 9ª. Deféndese atacando, boa estratexia. Mesmos puntos para Bar Pequeno, que dende o Top-25 ve pasar a vida e agarda á primaveira e vran para volver dar a sorpresa.

56 puntos para Breogán77 que leva dúas derradeiras xornadas con marcas de alto rendimento. Non semella que poida dar máis de sí, non sendo unha vitoria parcial. Pero sí pode Modesto, que seica agardou ata o final para pisar o acelerador, mantendo unha mínima esperanza de chegar ata o Top-10. Pola súa banda, Sarabia despégase de Landrán e asexa a Verducido e Julio tentando recuperar a praza perdida.

Finalmente, con 55 puntos, tres Top-4. O semideus Botikas volve restar puntos co liderato e queda a 5 puntos de Magor a falta de 2 xornadas. Non se lle pode pedir máis, dando a emoción necesaria o fin de festa. Beocha e Mina, 3ª e 4ª manteñen unha loita sen cuartel polo podio e algo máis. O fin de semana do 8 de marzo, festa das donas, temos 3 no Top-5 e reivindican protagonismo nesta edición da Liga da Inverneira.

Esta foron as 10 mellores puntuacións na 24ª xornada, desputada en Xinzo. Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Sorte e clima!!

Ainda máis emoción Ler máis »

A pequena Jana

Antepenúltima xornada da XI Liga da Inverneira a desputar en Xinzo coa presenza de Jana, unha borrasca do Atlántico que nos vai visitar, ainda que semella de xeito testimonial, de acordo o sinalado polas apostas. Somentes quedan tres oportunidades de mellora de clasificación e, ainda que Xinzo non parece que remexa moito o avispeiro, pode ser unha maneira de achegarse un pouco ata os obxectivos fixados.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 9 ata os 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 0 e os 5º C. As precipitacións establécense entre os 0 e os 7 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 24 ata os 73 km/h.

Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar ó atopar moita semellanza entre valores apostados. Non semella doado atopar un vencedor e menos en soidade, pero cousas máis compricadas sucederon. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día.

As apostas:

A pequena Jana Ler máis »

Na busca da sorpresa

Ainda que Fontecada non rexistrou chuvia, os movementos non se detiveron e poidemos comprobar que calqueira xornada é susceptible de acadar un ascenso ou un descenso nas aspiracións. A falta de tres etapas para o remate da competición, poucas cousas temos claras con respecto o resultado final.

A temperatura mínima chegou na noitiña ata os 3º C., ainda que o resultado amosado non foi o real dado que a nova web de Meteogalicia ainda non rexistrou a estas horas o resultado oficial, amosando os datos do 2 de xaneiro. O que presentamos é o das 23:20 horas, con 3,13º C., cando o definitivo foi de 2.73º C. Non cambia nada para nós. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 10º C., na media da maioría dos pronósticos. O baleiro de chuvia sí que era agardado, e o vento marcou un refacho máximo de 60 km/h. que deixou tesos a gran cantidade de apostantes.

Con estes datos coronamos a Rasdgar e Julio con 59 puntazos. Rasdgar quedou a un só punto do pleno na temperatura mínima, do mesmo xeito que Julio no vento. Para Rasdgar é a súa 2ª vitoria oficial, as dúas nesta edición e sube ata o 12º posto, ainda con opcións de Top-10. Para Julio significa o seu 4º trunfo da presente Liga subindo ó 5º posto tras o retraso de Popolo, 3º antes de Fontecada.

E 58 puntos para Landrán e Botikas, dentro do Top-10. Landrán afianza a 9ª praza e ameaza a Sarabia na 8ª. Botikas segue na persecución da lideresa Magor e esta semana resta un punto, deixando a diferenza en 7 puntos que lle dan folgos para continuar na presión.

Ata 5 meteoludópatas comparten a 3ª mellor posición en Fontecada con 57 puntos. Magor segue a distribuir a vantaxe co Botikas, xa único contrincante posible e con 7 puntos de marxe xa devece por chegar ó Monte Xesteiras e abrir a gaseosa de litro. Breogán77 circula por terra de ninguén co Top-20 case asegurado, pero con 10 puntos ata o seguinte xogador. Beocha e Mina foron beneficiadas polo pouco senso de Popolo e subiron cadansúa praza, ata a 3ª e 4ª respectivamente, con pouca marxe entre elas, o que augura unha dura loita entre donas, sen esquecer a Julio e Popolo, que lles pisan os calcañares. E Compoñente Sur que segue na llama despois de gañar a posición 14 e postularse no grupo que busca o Top-10 nunha loita máis que pechada e que promete emoción ata o derradeiro minuto da competición.

Estes foron os 9 mellores marcadores da 23ª etapa desputada en Fontecada. Para acadar tódolos detalles desta xornada, preme no botón que presentamos baixo este texto. E non esquezas que o Entroido terá o seu día grande este domingo en Xinzo da Limia. Coida da túa vexiga!!

Na busca da sorpresa Ler máis »