Teito de cristal

Xornada para recordar a de Serra do Eixo 2024. As portas do Olimpo meteorolóxico amateur ábrense para que faga a súa entrada baixo palio a un participante que petou no teito de cristal da távoa de clasificación. Non se acada un pleno tódolos días, para ser exactos dende fai un ano, un mes e algún días, aquel de Corrubedo na data inicial da edición anterior desta mesma competición. Faremos un resumo de tan insigne xornada.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata o 1º C., que ainda que se rebaixou no final do día, non mudou o redondeo. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 7º C., tamén redondeados. Os 0.3 mm. de chuvia redondeou en 0 e o vento marcou un refacho máximo de 16 km/h.

E estas foron as apostas que fixo Julio para entrar na historia da competición e facer os 60 puntos, que son o teito máximo que se pode acadar como puntuación. Pouco que dicir, mallou tódolos parámetros e leva máis que unha vitoria. Só lle falta gañar unha competición longa, algo que tampouco fixeron os outros acaparadores de pleno. Pero estando na posición que está, 4º clasificado, e sendo a segunda vitoria nas derradeiras 3 etapas pode estar en disposición de facer o doblete. a só dous puntos do podio, ameaza en serio a estabilidade da xeral. Ave, Julio!!

59 puntos para Michi que quedou a un só punto de entrar na lenda, mallando temperatura e auga e perdendo un mísero punto (polos pelos) no refacho. Gran puntuación que o leva ata o 17º posto pero que anima aseguir na loita. Chúchalle!!

E gran puntuación para Sarabia con 58 puntos perdendo 2 puntos nas temperaturas pero mallando o refacho. Queda na 12ª posición ás portas do Top-10. Segue nese camiño!!

E ata 7 meteoludópatas compartillan a 4ª mellor puntuación na Serra do Eixo con 57 puntos. Xowi marca xa o 14º posto na xeral. Popolo mantén o terceiro chanzo do podio pero recorta cos seus predecesores. Landrán escala ata a 6ª posición. Punteiro e Lume xa están nas portas do Top-10, onde a loita é feroz, no 13º e 11º posto respectivamente. Balboa no lugar 23 e Kaltxon afianzándose no Top-10 na 8ª posición.

E todo o Top-10 recortou distancias coa lideresa Magor, que ve como os chacales van achegándose por tras e semella que o inverno seco non lle acorda tanto coma o outono húmido que lle dou a posición de cacheira da xeral. Chegará a chuvia, sen dúbida, chegará…

Se queres coñecer tódolos detalles da 14ª xornada da Liga da Inverneira en Serra do Eixo, clica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Teito de cristal Ler máis »

Inicio oficial do inverno

Na Serra do Eixo comeza oficialmente a segunda metade da XI edición da Liga da Inverneira. Na comarca de A Veiga e a máis de 1000 metros de altitude despútase a 14ª xornada cun claro acento anticiclónico. Ausencia de chuvia, vento frouxo e temperaturas baixas pero sen estridencias, semella que távoa de clasificación xeral non vai ter demasiados trocos. Ou iso parece…

As apostas en temperatura máxima van dende os 2 ata os 10º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -6 e 3º C. As precipitacións probables enmárcanse entre a seca e 1 litro, mentras que os refachos de vento van dende os 5 ata os 35 km/h.

Dada a igualdade dos parámetros augurados estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co desafío de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. O inverno en marcha!!

As apostas:

Inicio oficial do inverno Ler máis »

Heroina de Outono

Rematou o outono da XI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete e xa temos a quen felicitar pola fazaña intermedia. Magor fíxose co título desta primeira metade de competición, asombrando e asoballando a propios e estranos coa súa pericia preditiva. Ainda que a súa vantaxe vai diminuindo pouco a pouco, ninguén lle pode quitar a muiñeira. Volveu estar entre @s mellores nesta derradeira etapa de Ventosa, ainda que o seu principal opoñente e deus máximo do Olimpo meteorolóxico amateur, Botikas, levou a vitoria nun final de infarto con varios parámetros trocando valores ata o final do día.

A temperatura máxima acadou un valor na sobremesa de 8º C. Polo que atingue á minima, baixou ata os 4º C. na derradeira hora. A chuvia tamén agardou ata o límite para unha marca de 3 litros. O refacho máximo subiu na tardiña ata os 34 km/h. definitivos.

Como xa dixemos, Botikas sinalou a puntuación máxima con 58 puntos. Faltóulle un grado na máxima e 5 km/h. no refacho para facer o pleno. Segue na segunda praza asediando sen pausa á lideresa Magor, que segue a defender a posición co machado entre os dentes. Segunda vitoria neste curso que no caso de empate o favorecería exitosamente. Nada o que non nos teña acostumados. Kaltxon acompáñao na posición de honra con idéntica sorte na predición. Colle a 8ª posición compartida con Mina e semella que quere ascender onde tempos mellores. Atentos ó seu inverno.

57 puntos para Breogán77 que semella asentarse definitivamente no Top-20 buscando unha regularidade que non atopa. O inverno pode ser clave. Mesma puntuación para Popolo, 3º clasificado que está realizando unha das mellores tempadas que se lle recorda. Colle folgos con Julio e somentes mira cara enriba, onde durmen os deuses. Lume revive e volve achegarse ó Top-10 despois da debacle en O Xipro. Máis agardamos dela, sobre todo vitorias de etapa.

E con 56 puntos, a lideresa Magor, que continúa na súa defensa da posición de liderazgo e que se alza co título (sen coroa) de outono. Ainda que Botikas presiona, sempre aparece no resumo das mellores posicións. Idéntico resultado para un tren instalado no Top-10. Beocha, Landrán e Mina están na 6ª, 7ª e 8ª posición respectivamente e van achegándose a modiño ó Top-5. 7 miserentos puntos separan o 4º posto de Julio do 10º de Rasdgar, unha zona moi quente con grandes competidores e mínimas diferenzas que poden trocar de orde en calquera momento. O Top-10 anda na llama!!

Estas foron as 9 mellores puntuacións, sete delas entre o Top-10. Para acadar toda a información recollida na 13ª cita, en Ventosa, pica no enlace que aportamos baixo este texto

Sorte e clima!!

Heroina de Outono Ler máis »