A xornada do leite

Estamos ante a derradeira etapa da XI edición da Liga da Inverneira de Galicia. Situados en Xesteiras no concello de Cuntis, ainda temos moitas cousas que dirimir, e moitas delas importantes. O campionato xógase entre Magor e Botikas cunha diferenza mínima de 2 puntos. Os mesmos que decidirán o último chanzo do podio. E detrás, moitas posicións ainda poden trocar e mellorar ou botar abaixo todo o traballo de 6 meses de competición. Xesteiras non é lugar doado para predicir e moito poden moverse os datos ó longo do día, polo que agardaremos ata a derradeira migalla de tempo para coñecer resultados definitivos.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 7 ata os 13º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 1 e os 7º C., tamén con grande amplitude. As precipitacións móvense nun rango de entre 0 e 9 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 15 ata os 71 km/h.

Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar ó atopar moitas diferenzas entre valores apostados e o marxe de diferenzas é mínimo. Non semella doado augurar un vencedor, pero o certo é que imos telo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día.

As apostas:

  • Corrixíuse un erro na aposta de chuvia de Xowi ante a solicitude deste na noite do venres. Dedos malfeitos.

A xornada do leite Ler máis »

As secuelas de A Granxa

Tremendos os resultados que deixa a penultima xornada da Liga da Inverneira. Deixan unha derradeira xornada de competición con moitos frentes abertos á espera das previsións para o domingo. Para ser unha xornada sen chuvia a cousa estivo moi movida, con 8 compoñentes do Top-10 entre os 10 mellores resultados en Ponteareas. Imos explicar estes datos e o impacto que poden ter na arrancadeira en Xesteiras.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata os -2º C., un valor ó que ninguén tivo en conta. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 17º C., na media da maioría dos mellores. O baleiro de chuvia sí que era agardado, e o vento marcou un refacho máximo de 18 km/h. unha marca moi baixa pero acorde ó burato onde se xogaba.

E así, gañou que máis o necesitaba, mostrando de novo por qué é o mellor xogador historicamente. Botikas acadou 58 puntos e a vitoria en soidade. Foi o máis arriscado na temperatura mínima, na que perdeu un só punto e outro máis no refacho de vento, tamén moi atinado. Ademáis reduciu en 3 puntos á vantaxe co liderato, con somentes dous puntos por baixo e o desempate ó seu favor. Semellaba imposible pero xa ten a punto de lambetada a posibilidade de repetir o título. Non quixera estar no pelexo de Magor…

56 puntos para Mina, Julio e Verducido, no posto 4º, 5º e 6º respectivamente. Mina sitúase a 2 puntos do podio que ostenta Beocha. Julio terá que defender a posición con Popolo e Verducido, que o sobrepasou e queda un punto por riba e 2 por baixo de Julio. Menudo fin de Liga van ter os tres.

Con 55 puntos a lideresa Magor, que ainda que tremendo segue a ostentar o posto de privilexio na cacheira da xeral. Só ten que aguantar unha xornada máis, ainda que seguro que devece por algo da chuvia que lle deu tantas ledicias. Semellante caso para Beocha, que terá que protexer a posición sobre Mina con dous puntos de vantaxe. Landrán vai ter tamén a súa oportunidade de ascender ata o 8º posto que mantén Sarabia por 3 puntos. Outro final de liga de infarto.

Compoñente Sur, con 54 puntos, outro dos que ten choio en Xesteiras. Nada menos que entrar no Top-10 que sostén Xowi cunha diferenza de 2 puntos. E o canadiano a defenderse…

Por último, Kaltxon con 53 puntos, ten compricado ascender, pero terá que conter os ataques de Breogan77, a quen adiantou nesta xornada de A Granxa. Outra loita sen cuartel.

Estes foron os 9 mellores marcadores da peníltima xornada en A Granxa. E o que promete Cuntis coma fin de festa. Para acadar tódolos datos resultantes desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

As secuelas de A Granxa Ler máis »

O anticiclón dispón

Penúltima xornada a desputar en A Granxa, no concello de Ponteareas e semella que o anticiclón vai deixar para o derradeiro día as oportunidades postreiras. Pero ainda que non agardamos chuvia nin apenas vento, as temperaturas xogarán un papel importante na definición da etapa. Amais do que se xoga na clasificación xeral, estamos ante unha das derradeiras ocasións de sumar unha vitoria, aliciente de importancia tanto para ter vantaxe nos desempates coma para aumentar esa conta histórica. Sempre hai unha razón para ter vontade.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 10 ata os 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -1 e os 7º C., tamén con grande amplitude. As precipitacións están ausentes salvo nun marcador, cuns arriscados 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 12 ata os 37 km/h.

Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar ó atopar moitas diferenzas entre valores apostados e a carencia de precipitacións. Non semella doado augurar un vencedor e menos en soidade, pero cousas máis compricadas sucederon. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día.

As apostas:

O anticiclón dispón Ler máis »