Un comezo de esperanzador

Xa temos os resultados da 1ª etapa da XI Liga da Inverneira e podemos dicir que, en xeral, ´son de un nivel moi alto. Grandes prestacións da gran maioría dos participantes, con poucos marcadores por baixo dos 50 puntos, o que, sendo unha xornada de chuvia e vento medios fan que agardemos gran competitividade nesta edición da liga galega.

A temperatura mínima fixóuse cedo con 14º C. o comezo da xornada. Cara a hora do café marcábase a máxima do día con 18º C. Nesa franxa horaria acadábase o refacho máximo definitivo con 38 km/h. Agardabase chuvia pero fíxose de rogar ata as derradeiras duas horas de competición. A piolla fóise acumulando no pluviómetro ata amosar no punto final os 3.5 litros, 3 redondeados, co que xa tiñamos tódolos datos precisos para unha távoa de resultados definitiva.

E alí atopamos un trío de ases. Por unha banda temos a duas vacas sagradas, Verducido e Mina, que xuntos achéganse ás 100 vitorias conxuntamente e a unha das grandes esperanzas da competición, Rasdgar, que anota a súa primeira vitoria (corrixídeme se me equivoco) e colle por vez primeira o liderato dunha xeral. Os tres mallaron a chuvia, andiveron finos no vento e nas temperaturas para sumar 58 puntazos e colocarse coma líderes. Grande exhibición, meteoludópatas!!

Ata 5 competidores levaron a segunda mellor puntuación da xornada con 57 puntos. 3 experimentadas vacas sagradas, Botikas, Víbora e Xowi acompañados por dúas promesas, o máis novo Pájaro e o gañador do Torneo de Vran, Bar Pequeno. Todos con gran acerto, ainda que dicir que de axustar máis o refacho de vento, Pájaro poido dar a sorpresa. De calqueira maneira, 2º posto na etapa e na xeral e, sobre todo, boas expectativas de futuro.

E con 56 puntos, xente que somentes lle falta culminar e gañar unha das 4 grandes competicións. Sarabia, Beocha, Landrán e Marius posiciónanse para atacar á cacheira da xeral con moi boas sensacións nesta xornada inaugural.

Como dixemos ó comezo, semella que vai ser unha liga moi axustada, cos grandes históricos, os mediocres xa crecidos e as novas incorporacións dando o mellor de sí mesmos na busca da inmortalidade do Olimpo meteorolóxico amateur en eltiempoentuojete.

Para acadar tódolos detalles da 1ª etapa en Corrubedo, pica no enlace que ofertamos embaixo este texto.

Un comezo de esperanzador Ler máis »

A chamada da terra

A xornada inaugural da XI Liga da Inverneira en Galicia fai sonar a campá do xantar en Corrubedo. E ata 30 meteoludópatas acudiron á cita coa web de prediccións meteorolóxicas amateur con máis proxección do mundo dixital en lingua galega, eltiempoentuojete. Onte recibíronse as apostas e mañá domingo transmitiremos ao vivo a 1ª das 26 etapas en territorio galego que conforman a competición máis longa das que desputamos. Dende Corrubedo ata Xesteiras, en Cuntis, hai un longo treito que se fai pasiño a pasiño e, como meniños espelidos, este fin de semana erguémonos para dar os primeiros, sabendo que fouciñaremos de cando en vez pero con un obxectivo ineludible, chegar entre os mellores ata a vila termal.

As apostas en temperatura máxima van dende os 17 ata os 21º C. Polo que respecta ás mínimas, establécense entre os 11 e os 16º C. As apostas en pluviosidade móvense dende os 0 e os 20 litros, ainda que a maioría está por baixo dos 10. No que atinxe ós refachos de vento, recibimos prediccións entre os 23 e os 55 km/h.

Ulíscase gran batalla no primeiro día de competición á conta das apostas reseñadas. Non deixes de seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada ou dende a mañanciña do domingo en horario contínuo ata o final da xornada. Un bó comezo sempre é un bó presaxio…

A chamada da terra Ler máis »

Novo curso

Dende eltiempoentuojete damos conta do inicio da 11ª tempada de competicións de prediccións meteorolóxicas. Este novo curso comeza como é costume co certame xenlleiro, a Liga da Inverneira de Galicia, nesta a súa XI edición. 26 etapas ó longo da xeografía galega, sen apenas trocos nos principais destinos que a través dos anos xa se fixeron míticas. O inicio está adiado para o fin de semana que ven, con aposta o venres 27 de setembro para a xornada de Corrubedo, en Ribeira, no domingo 29 de setembro. A xornada final será en Xesteiras, no concello de Cuntis no 23 de marzo de 2025.

Os menús da web xa teñen todos os enlaces actualizados para a celebración desta festa meteorolóxica amateur, ainda que se atopades erros ou carencias de información rogamos no lo comuniquedes no noso enderezo electrónico de costume, eltiempoentuojete@gmail.com

O básico pódelo atopar en Acceso rápido e en Liga meteorolóxica, ambos no menú principal do Blog.

Agardámovos como cada ano para atopar ó mellor predictos meteorolóxico de Galicia, ainda que agardamos que esta competición sexa continuada pola Liga de Primaveira, o Torneo de Vran e a Ojete’s Cup, todas ainda sen destino coñecido.

Xa sabedes das datas de inicio e, por suposto que se queredes comunicarlle a alguén que queira participar connosco, será benvido como algunha vez o fúchedes vós. eltiempoentuojete busca deuses para o Olimpo meteorolóxico amateur e o teu pode ser ese nome que abra a porta.

O nome a batir, como nos derradeiros tempos, será Botikas, último gañador da competición de Inverneira e Primaveira. Os seus maiores adversarios serán Verducido, Beocha, Landrán, Víbora, Marius, Xowi, Mina… e moit@s outr@s. Sen esquecer a quen fixo pleno, Breogán77, Pepe, Lukas… E por suposto, os gañadores dos certames de vran, Bar Pequeno e Mingos e os que remataron forte esta derradeira tempada. E vixiando ós novos competidores como Pájaro, Rasdgar ou Magor, punta de lanza da canteira meteorolóxica amateur. E ainda agardamos que novos nomes se sumen a esta romería…

Polo tanto, todo disposto para a loita un ano máis en Galicia, sede oficial de eltiempoentuojete.

Novo curso Ler máis »

Praza no Olimpo meteorolóxico amateur

Derradeira rolda de competición nesta tempada 2023/24 en eltiempoentuojete e abofé que foi emocionante ata o derradeiro minuto. En breve presentaremos unha listaxe coa clasificación xeral máis clara que a que podes ver no Cadro de Competición, ainda que os competidores sabedes o resultado polo que loitabades. Antes de comentar os resultados finais, unha pequena reseña da xornada.

A temperatura mínima marcouse na primeira e na derradeira hora da etapa, sendo esta de 26º C. A máxima foi a media maña acadando os 31º C. A chuvia non apareceu ou cando menos o pluviómetro non a reflectiu e o refacho foi feble pero subindo cara o final do día ata os 18 km/h. e repartindo alegría e tristura a partes iguais. O refacho final dos últimos 15 minutos decidiu 2 dos enfrontamentos.

A gran final non defraudou, sendo a máis competida e de mellores puntuacións. O título da Ojete’s Cup alzóuno Mingos, que ademáis gañou a etapa, inda que fora compartida. 56 puntos, con puntuacións equilibradas en tódolos parámetros que deixaron en anécdota os 55 puntazos de Landrán que leva o subcampionato. Benvido Mingos o Olimpo meteoludópata e noraboa a Landrán, que como se dí sempre, dentro de pouco esquecerá a derrota e valorará o acadado en Bengala. E grazas polo espectáculo brindado.

O 3º chanzo do podio foi para Verducido á conta dese refacho final, que engadíu un punto na súa conta e quitóullo a Denodeno, quen saía vencedor do desempate. Por iso hai que agardar ata o final, sempre pode haber sorpresas. Verducido acada un podio máis nesta competición e Denodeno segue a facer historia propia nun vran 2024 que non esquecerá. Noraboa ós dous.

Botikas logrou un diploma máis na Ojete’s Cup superando con facilidade a Michi, que non se pode queixar do seu 6º lugar. A diferenza estivo en consultar os resultados da estación e, nese campo, Botikas é un experto. Michi e as súas apostas no derradeiro minuto demostraron inexperiencia. Pudo ser mellor para os dous pero non estivo mal.

O punto decisivo polo 7º lugar entre Rasta e Compoñente Sur estivo na chuvia pronosticada, que lle deu a vitoria a Compoñente Sur para rematar con sabor dulce nos beizos. Rasta xa fixera a súa fazaña eliminando ó cacheira de serie número 1 na rolda inaugural.

A final B foi para Beocha, que despois de apostar seca en Berhampore non tivo dificultade para derrotar a Punteiro, afogado en Bengala. Beocha marcha con tres vitorias en catro enfrontamentos. Perder na 1ª rolda penaliza moito pero pode marchar con orgullo. Punteiro non se pode queixar despois das penalizacións por retraso.

De Sarabia somentes felicitala por apostar, cousa que non fixo Pájaro, regalando a vitoria no derradeiro día de competición.

Julio foi o outro beneficiario dese refacho de última hora, ainda que tiña vantaxe no desempate con Víbora. Dous grandes xogadores que non poden estar contentos, ainda que a vitoria de etapa axuda a Julio a despedir a tempada. De Víbora agardamos mellores noticias en próximos concursos.

Marius e Bar Pequeno tampouco deben de estar contentos. Marius evitou a vergoña pola incomparecencia de Bar Pequeno, que partindo do número 1 e perdendo a rolda 1 non volveu apostar. Marius ten máis categoría do que sinalan os números da Ojete’s Cup en Bengala e agardamos que amose todo o seu potencial.

Para coñecer todo o acontecido nesta xornada final de tempada, pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

En breve daremos noticias dos próximos acontecementos, pero se non sucede nada catastrófico verémonos coma sempre a finais de setembro na costa de Corrubedo. Desfrutade do descanso e seguide atentos.

Praza no Olimpo meteorolóxico amateur Ler máis »