Domingo de xeadas

Seguimos na provincia de Lugo nesta 2ª etapa polo oriente do país e desta vez as protagonistas están a ser as xeadas, dadas polo anticiclón predominante nos derradeiros días. E a xornada de Marroxo, no concello de Monforte de Lemos é dos mellores lugares onde dar exemplo delas. A falta de precipitacións e de vento marcan o camiño xélido desta 12ª etapa da Liga da Inverneira.

As apostas en temperatura máxima van dende os 6 ata os 13º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 1 e -5º C. Sen precipitacións probables, a seca é unánime, mentras que os refachos de vento enmárcanse entre os 5 e os 30 km/h.

Dada a igualdade dalgúns parámetros estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co reto de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. Entra en calor con nós!!

As apostas:

Domingo de xeadas Ler máis »

Definición de Inverniza

O acontecido esta fin de semana no concello de A Fonsagrada está dentro ou é propio da inverneira galega, sobre todo da provincia de Lugo. Temperaturas baixas, chuvia e auganeve e un vento que sen ser furacanado deixou unha sensación térmica moi por baixo do que o termómetro reflictía.

A temperatura mínima déuse cara o final do día acadando os 2º C. A máxima chegou ata os 6º C. despois do almorzo. A chuvia, incansable durante todo o día acabou sumando 12 litros, mentras o vento tivo o seu refacho máximo en 57 km/h.

Como non podía ser doutra forma con esta inverniza atopamos un vencedor en soidade en Kaltxon, que despois dun comezo de Liga titubeante semella coller calor nas derradeiras datas. 59 puntazos, a piques do pleno, mallando temperaturas e chuvia e deixando atrás un punto no refacho. Con esta vitoria achégase ó Top-10 con gañas de superación e volver á senda do pasado curso. Gran exhibición no cumio lucense!!

Dous puntos por tras, con 57 sumados, Botikas e Julio, rematando no Top-5 Julio e recuperando a segunda praza Botikas, restando 4 puntos a diferenza coa lideresa. Apostas moi similares con idéntico e fantástico resultado. Fixeron cocido en O Xipro.

55 puntos para Rasta que volve o Top-20 agardando que sexa definitivo. Mallou o refacho e estivo atinado no resto de parñametros para voltar ás boas costumes. A seguir nelas!!

Sumou 54 puntos Popolo para manter o podio e coller folgos cos persecutores. Semella que pode tocar a campá nesta edicióne mantén a candidatura ó título. Recuperando a honra!!

A lideresa Magor e Beocha son dúas das donas que se estableceron no Top-10 e desafiuzalas non vai ser sinxelo. Con 53 puntos, Magor mantén 12 puntos co segundo clasificado e Beocha volta á 7ª praza nunha xornada na que aguantaron o tipo entre @s mellores. A busca da gloria!!

E con 52 puntos outra dona que non se rende nunca. Sarabia tenta voltar ó Top-10 que nunca debeu abandonar. A só dous puntos e ás mesmas posicións de acadalo. O inverno é o dela!!

Estes son as 8 mellores puntuacvións da 11ª etapa da Liga da Inverneira ó seu paso por O Xipro. Para acadar toda a información recollida no concello de A Fonsagrada, pica no enlace que ofertamos por baixo destas letras.

Definición de Inverniza Ler máis »

O comezo do inverno

Damos inicio ó inverno meteorolóxico en eltiempoentuojete coa entrada das etapas no interior do país, en Ourense e Lugo. É nesta última, no concello de A Fonsagrada, na estación de O Xipro, onde arrinca esta andaina. E a priori fáino como ten que ser, con temperaturas baixas pero con ameaza de chuvia durante todo o día. O vento semella ser o propio das zonas montañosas, sen chegar a compararse cunha borrasca forte atlántica. O nordés xa será dominante na semana entrante…

As apostas en temperatura máxima están entre os 2 e os 10º C. cunha aposta alonxada de ata 14º C. Polo que respecta ás mínimas, oscilan entre os 7 e os -3º C. Moita variedade tamén na chuvia, con prediccións que van dende 0 ata 20 litros. Polo que atinxe ós refachos de vento, atopamos valores dende os 20 ata os 65 km/h.

Con esta disparidade de opinións semella que imos ter unha xornada cambiante e con emoción ata o derradeiro minuto de xogo. Convidámoste a seguila ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 horas desta mesma madrugada e durante o domingo ata o final do día. Súbete ó noso carro cargado de inquietude e excitación!!

O comezo do inverno Ler máis »