Heroina de Outono

Rematou o outono da XI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete e xa temos a quen felicitar pola fazaña intermedia. Magor fíxose co título desta primeira metade de competición, asombrando e asoballando a propios e estranos coa súa pericia preditiva. Ainda que a súa vantaxe vai diminuindo pouco a pouco, ninguén lle pode quitar a muiñeira. Volveu estar entre @s mellores nesta derradeira etapa de Ventosa, ainda que o seu principal opoñente e deus máximo do Olimpo meteorolóxico amateur, Botikas, levou a vitoria nun final de infarto con varios parámetros trocando valores ata o final do día.

A temperatura máxima acadou un valor na sobremesa de 8º C. Polo que atingue á minima, baixou ata os 4º C. na derradeira hora. A chuvia tamén agardou ata o límite para unha marca de 3 litros. O refacho máximo subiu na tardiña ata os 34 km/h. definitivos.

Como xa dixemos, Botikas sinalou a puntuación máxima con 58 puntos. Faltóulle un grado na máxima e 5 km/h. no refacho para facer o pleno. Segue na segunda praza asediando sen pausa á lideresa Magor, que segue a defender a posición co machado entre os dentes. Segunda vitoria neste curso que no caso de empate o favorecería exitosamente. Nada o que non nos teña acostumados. Kaltxon acompáñao na posición de honra con idéntica sorte na predición. Colle a 8ª posición compartida con Mina e semella que quere ascender onde tempos mellores. Atentos ó seu inverno.

57 puntos para Breogán77 que semella asentarse definitivamente no Top-20 buscando unha regularidade que non atopa. O inverno pode ser clave. Mesma puntuación para Popolo, 3º clasificado que está realizando unha das mellores tempadas que se lle recorda. Colle folgos con Julio e somentes mira cara enriba, onde durmen os deuses. Lume revive e volve achegarse ó Top-10 despois da debacle en O Xipro. Máis agardamos dela, sobre todo vitorias de etapa.

E con 56 puntos, a lideresa Magor, que continúa na súa defensa da posición de liderazgo e que se alza co título (sen coroa) de outono. Ainda que Botikas presiona, sempre aparece no resumo das mellores posicións. Idéntico resultado para un tren instalado no Top-10. Beocha, Landrán e Mina están na 6ª, 7ª e 8ª posición respectivamente e van achegándose a modiño ó Top-5. 7 miserentos puntos separan o 4º posto de Julio do 10º de Rasdgar, unha zona moi quente con grandes competidores e mínimas diferenzas que poden trocar de orde en calquera momento. O Top-10 anda na llama!!

Estas foron as 9 mellores puntuacións, sete delas entre o Top-10. Para acadar toda a información recollida na 13ª cita, en Ventosa, pica no enlace que aportamos baixo este texto

Sorte e clima!!

Heroina de Outono Ler máis »

No límite leonés

Ventosa é a etapa que marca o final da primeira metade da Liga da Inverneira. Fai a número 13, desta vez na montaña lucense, a carón dos irmáns leoneses e cun cheirume de frío, vento e posibilidades de chuvia ou quizáis auganeve. Coincide co sorteo de Nadal, ainda que o noso xogo case nunca se basea na sorte, senón que o traballo inflúe decisivamente.

As apostas en temperatura máxima van dende os 7 ata os 14º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 2 e 10º C. As precipitacións probables enmárcanse entre a seca e os 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 43 km/h.

Dada a igualdade dalgúns parámetros estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co reto de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. Os resultados de outono están no aire!!

As apostas:

No límite leonés Ler máis »

A inversión térmica de Monforte

Un ano máis a protagonista en Monforte foi a inversión térmica típica destas datas nesta zona. A néboa cubríu a outra estación deste concello, a de Monforte, a menos de 300 metros de altitude, deixando unha temperatura máxima de somentes 3º C. Mentras, na estación de Marroxo, a estación en xogo nesta 12ª xornada, acadábanse os 7º C. cunha altitude de case 400 metros máis. O sol lucía na montaña por riba do banco de néboa da chaira.

A temperatura máxima, como dixemos, quedou en 7º C., mentras a mínima acadou os -1º C. Por suposto, nin rastro de chuvia e o refacho de vento chegou ata os 25 km/h. que alonxaron a xeada dura.

E con estes datos atopamos un gañador en soidade. Julio mediu ben en Marroxo anotando 59 puntazos, con pleno en temperaturas e chuvia e cunha perda mínima de 1 punto no refacho. Consolídase coma aspirante, subindo ata o 4º posto da xeral a tiro de pedra do podio. Vitoria para recordar con soberbia. A polo podio!!

Ata 5 meteoludópatas comparten o segundo posto en Marroxo con 58 puntos. Modesto por fin atisba unha luz no final do tunel ainda que non ten moito reflexo na xeral. Sarabia sí que notou o empurron que a introduce de cheo no Top-10. Botikas segue na persecución da lideresa e resta un punto de vantaxe. Landrán tamén avanza 3 posicións para colocarse 7º. Beocha pola súa parte sube unha posición ata a 6ª e xa ameaza o podio.

E no grupo de 57 puntos temos a Magor, que continúa coa boa racha que a fixo cacheira da xeral, agora con 11 puntos sobre o 2º clasificado. Popolo mantén a posición de privilexio no 3º chanzo do podio mentras Víbora xa cheira o sangue do Top-10.

Estes foron os 9 mellores marcadores da 12ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Para acadar toda a información dispoñible, preme no botón de enlace que ofertamos baixo este texto.

Sorte e clima!!

A inversión térmica de Monforte Ler máis »