Chuvia trae a desfeita

A volta da chuvia nesta 15ª xornada en o Alto do Rodicio produxo unha auténtica desfeita na távoa de resultados, onde ninguén acadou os 50 puntos e somentes 7 meteoludópatas lograron superar os 40. A cantidade de chuvia e o refacho de vento foron os dinamitantes causantes das baixas puntuacións recollidas no concello ourensán de Maceda.

A temperatura mínima chegou na noitiña ata os 5º C. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 9º C. redondeados. A chuvia non deixou de encher o pluviómetro marcando no histórico 41 litros e o vento marcou un refacho máximo de 94 km/h.

Con estes resultados só se pode agardar un gañador en soidade con 49 puntos. M. B Joaquín volveu dar a badalada en xornadas arriscadas e convértese no primeiro xogador en acadar as 3 vitorias nesta edición. Non foron máis puntos porque a súa aposta en refacho deixou moito que desexar, perdendo neste parámetro ata 8 puntos. 2 máis deixou nas temperaturas pero os 19 sobre 20 puntos da pluviosidade permitíulle levantar o trofeo en Maceda. Mantén o posto 22, xa preto do grupo que quere entrar no Top-20 e deixa atrás os persecutores a máis de 30 puntos de diferenza. Pode centrarse en mirar cara arriba!!

Kaltxon suma 48 puntos e acada a 2ª posición na etapa con grandes resultados en temperatura e vento e perdendo 10 puntos na chuvia, que nesta etapa non é moito. Dende a 8ª posición escala ata a 4ª, xa no Top-5 e moi preto do podio. Gran remontada está levando a cabo!!

A lideresa Magor engadiu 47 puntos no seu marcador e semella que medra cando chove. Despois de ir perdendo renda nas etapas en seco, esta de chuvia volve a coller distancia cos lobos que a tentan acosar. Benvida a chuvia para tí!!

E un dos pricipais lobos persecutores, Botikas, suma 46 puntos para manterse na loita polo título. Resultados semellantes a Magor que o manteñen na segunda praza de honra ainda máis alonxado dos seus propios persecutores. Ainda hai tempo para a fazaña!!

Modesto suma 44 puntos no Rodicio e por fin experimenta un crecemento na xeral. Boa aposta de pluviosidade que non secundou nas temperaturas nin no refacho. Puido ser mellor, pero sube dende o 16º posto ata o 13º xa moi preto do Top-10. A manter a liña!!

Compoñente Sur, con 43 puntos, tamén nota o pulo e, dende o posto 20 sube ata o 16º na clasificación xeral. Prepárase para ingresar nogrupo que loita por acadar o Top-10 da xeral. Imos a elo!!

E 42 puntos para Julio que superou a proba da chuvia con creces. Incluso trepou na xeral ata o 3º posto, o bronce do podio. Ainda que bastante acosado polos persecutores, o podio é bo premio nunha etapa deste estilo. Resistir ou superarse?

Esta foron as 7 mellores puntuacións na 15ª etapa da Liga da Inverneira no Alto do Rodicio. Se queres acadar toda a información extraida dos datos no concello de Maceda,preme no botón que deixamos presentado baixo este texto.

Chuvia trae a desfeita Ler máis »

A primeira do ano

Nesta 15ª etapa da Liga da Inverneira agardamos a visita da 1ª borrasca do ano, ou máis preciso ainda, unha baixa desprendida doutra borrasca maior que se atopa sobre o continente. Con destino no concello de Maceda, en Ourense, preparámonos para recibila dende o Alto do Rodicio, cunha altitude de case 1000 m. sobre o nivel do mar e que é sensible os refachos que se agardan, xunto coa chuvia e unhas temperaturas en ascenso.

As apostas en temperatura máxima van dende os 7 ata os 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 2 e 8º C. As precipitacións probables enmárcanse entre os 6 e os 40 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 22 ata os 99 km/h.

Ante a disparidade dos parámetros de predicción estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co desafío de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. A primeira borrasca ao vivo, non a perdas!!

As apostas:

A primeira do ano Ler máis »

Teito de cristal

Xornada para recordar a de Serra do Eixo 2024. As portas do Olimpo meteorolóxico amateur ábrense para que faga a súa entrada baixo palio a un participante que petou no teito de cristal da távoa de clasificación. Non se acada un pleno tódolos días, para ser exactos dende fai un ano, un mes e algún días, aquel de Corrubedo na data inicial da edición anterior desta mesma competición. Faremos un resumo de tan insigne xornada.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata o 1º C., que ainda que se rebaixou no final do día, non mudou o redondeo. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 7º C., tamén redondeados. Os 0.3 mm. de chuvia redondeou en 0 e o vento marcou un refacho máximo de 16 km/h.

E estas foron as apostas que fixo Julio para entrar na historia da competición e facer os 60 puntos, que son o teito máximo que se pode acadar como puntuación. Pouco que dicir, mallou tódolos parámetros e leva máis que unha vitoria. Só lle falta gañar unha competición longa, algo que tampouco fixeron os outros acaparadores de pleno. Pero estando na posición que está, 4º clasificado, e sendo a segunda vitoria nas derradeiras 3 etapas pode estar en disposición de facer o doblete. a só dous puntos do podio, ameaza en serio a estabilidade da xeral. Ave, Julio!!

59 puntos para Michi que quedou a un só punto de entrar na lenda, mallando temperatura e auga e perdendo un mísero punto (polos pelos) no refacho. Gran puntuación que o leva ata o 17º posto pero que anima aseguir na loita. Chúchalle!!

E gran puntuación para Sarabia con 58 puntos perdendo 2 puntos nas temperaturas pero mallando o refacho. Queda na 12ª posición ás portas do Top-10. Segue nese camiño!!

E ata 7 meteoludópatas compartillan a 4ª mellor puntuación na Serra do Eixo con 57 puntos. Xowi marca xa o 14º posto na xeral. Popolo mantén o terceiro chanzo do podio pero recorta cos seus predecesores. Landrán escala ata a 6ª posición. Punteiro e Lume xa están nas portas do Top-10, onde a loita é feroz, no 13º e 11º posto respectivamente. Balboa no lugar 23 e Kaltxon afianzándose no Top-10 na 8ª posición.

E todo o Top-10 recortou distancias coa lideresa Magor, que ve como os chacales van achegándose por tras e semella que o inverno seco non lle acorda tanto coma o outono húmido que lle dou a posición de cacheira da xeral. Chegará a chuvia, sen dúbida, chegará…

Se queres coñecer tódolos detalles da 14ª xornada da Liga da Inverneira en Serra do Eixo, clica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Teito de cristal Ler máis »

Inicio oficial do inverno

Na Serra do Eixo comeza oficialmente a segunda metade da XI edición da Liga da Inverneira. Na comarca de A Veiga e a máis de 1000 metros de altitude despútase a 14ª xornada cun claro acento anticiclónico. Ausencia de chuvia, vento frouxo e temperaturas baixas pero sen estridencias, semella que távoa de clasificación xeral non vai ter demasiados trocos. Ou iso parece…

As apostas en temperatura máxima van dende os 2 ata os 10º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -6 e 3º C. As precipitacións probables enmárcanse entre a seca e 1 litro, mentras que os refachos de vento van dende os 5 ata os 35 km/h.

Dada a igualdade dos parámetros augurados estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co desafío de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. O inverno en marcha!!

As apostas:

Inicio oficial do inverno Ler máis »