O frío de Galicia

Podemos presentar Calvos como un dos lugares máis xeados de Galicia. Non adoita nevar moito pero as súas lazadas son históricas. Leva tempo marcando as temperaturas mínimas máis espectaculares nas redes informativas do país. Forma parte do Couto Mixto, semellante a un territorio luso dentro da marxe galega. Este será o escenario da 17ª etapa da Liga da Inverneira onde ademáis contará coa ameaza da chuvia, que nestas zonas adoita ser en forma de treboadas. Coma fondo teatral semella perfeto. Vexamos o que din os actores.

As apostas en temperatura máxima van dende os 2 ata os 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -4 e 2º C. As precipitacións son probables, con valores dende a seca ata os 10 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 15 ata os 49 km/h.

Moita disparidade nos parámetros de predicción polo que estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co reto de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. As etapas míticas do inverno son agora!!

As postas:

O frío de Galicia Ler máis »

A zoar do pleno

16ª etapa de cheo no inverno lucense e de novo o pleno estivo a piques de cair, desta vez non foi entre os mellores, que non sendo un par de afortunasdos, non estiveron á altura do agardado en Ancares. A temperatura, sobre todo a máxima, deixou algún descalabro na távoa de puntuación, con lixeiros movimentos importantes na távoa xeral.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 3º C., por riba das prediccións dos mellores desta edición. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 12º C., tamén por riba da maioría dos pronósticos. Os 0 de chuvia sí que eran agardados e o vento marcou un refacho máximo de 30 km/h.

Con eses datos atopamos 2 vencedores irmanados con 59 puntos. Sarabia quedou a un só grado na temperatura máxima de acadar o pleno, mentras Rasta quedou 3 km/h. por baixo da perfección. Este último entra de cacheira no Top-20 e acada a súa primeira vitoria nesta XI edición. Para Sarabia xa é a segunda e con ela pasa a formar parte do Top-10 na súa derradeira praza, compartillada con 2 xogador@s máis. Gran xornada para vós!!

Con 58 puntos están 3 ocupantes do Top-10 e outro tipo. Popolo recupera o derradeiro chanzo do podio despois dunha gran xornada onde estivo moi preto do resultado perfecto. Michi foi “ese outro tipo” que acada praza no Top-20 no posto 17. Rasdgar,tamén moi regular no inverno, ocupa o 9º lugar e ameaza os seus predecesores. Landrán sube ata o 7º posto e achégase ás puntuacións de Top-5. Boa loita para estar entre os mellores!!

E chimpamos ata os 56 puntos de Kalandrakas que dende o posto 25 estivo entre os mellores en Ancares, Punteiro, que comparte 10º posto pero semella atrancado, Beocha, que mantén o 6º lugar pero aproxímase máis o 5º e 4º lugar e Balboa, outro que dende a praza 23 ten o mérito de asomar neste resumo. Ben xogado, rapaç@s!!

Esta foron as 10 mellores puntuacións na 16ª xornada, desputada en Ancares. Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

A zoar do pleno Ler máis »

Míticos Ancares

16ª etapa nunha localización chea de lendas milenarias e co valor engadido dunha altitude de case 1400 metros. Pena de chuvia que vai deixar paso á néboa nos vales ainda que non sabemos se acadará as cotas do mitolóxico porto dos Ancares.

As apostas en temperatura máxima van dende os 7 ata os 13º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -2 e 4º C. As precipitacións non son probables, mentras que os refachos de vento van dende os 9 ata os 69 km/h.

Ante a disparidade dos parámetros de predicción estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co desafío de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. As etapas míticas buscan heróes!!

As apostas:

Saudos e sorte!!

Míticos Ancares Ler máis »