Fachendosa Herminia
A do Courel vai ser unha etapa a recordar. Para ben e para mal, según a quen lle preguntes. Como falamos na previa, semellaba que a Clasificación xeral podía mudar en profundidade e así foi. Iso sí, o podio non trocou a orde nin a composición. Pero polo resto… xente nova no Top-10, moitos movimentos e trocos de posición e xogadores que perderon o seu posto de prestixio. Incluso podemos falar de soños crebados e sensacións de desespero. Tranquilidade, todo pasará. Arriba eses folgos!!
A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 6º C., moi por ribadas prediccións da maioría. Pola tardiña acadóuse a máxima diaria con 11º C., na media da maioría dos pronósticos. Os 44 litros de chuvia sí que estiveron na media do agardado e o vento marcou un refacho máximo de 78 km/h., baixo con respecto a moitas apostas.
E dados estes resultados temos a unha heroína como vencedora en soidade. Mina mallou eses 44 litros de chuvia, perdeu 2 puntos nas temperaturas e outros 2 no refacho para un total espectacular de 56 puntazos. Sobran as palabras para explicar este grande resultadoque, ainda por riba e con todo merecemento fai que trepe dende o 10º posto ata o 5º da xeral e ainda con marxe de mellora. Volvemos ver á campiona de antaño rexurdir das súas cinzas. Parabéns merecidos!!
53 puntos aportou M.B. Joaquín, que volve refulxir nunha etapa apocalíptica, as da súa convenecia. A piques de mallar a cuvia e con resultados mediocres ainda que favorables no resto de parámetros. Sube 2 postos ata colocarse no final do Top-20. Semella que este ano non ten límites!!
Julio volve o Top-5 como 4º clasificado dende o 6º que ocupaba e con 52 puntos volve postularse como aspirante ó podio ou algo máis. Segue a ser regular e non perde comba dos mellores. Somentes lle falta un golper de man para amedrentar ós cacheiras da xeral. Un paso adiante!!
Os 51 puntos de Sarabia semella que a devolven ó bo camiño percorrido nesta edición da Liga da Inverneira. Moi estable e tódolos parámetros e non era doado no Courel. Dende o posto 13 voa ata o 9º reclamando espazo no Top-10 final. Apura no final de Liga!!
E 50 puntos para Michi e Lume. Con este resultado Michi sube 2 posicións, dende a 18 ata a 16. Pola súa parte Lume tamén acada Top-10 na 8ª posición vindo dende a 12ª. Arrimádelle unha vitoria máis!!
Estas foron as ínicas puntuacións que acadaron os 50 ou máis puntos na 18ª etapa desputada en O Courel. Coma destacados perdedores podemos nomear a Kaltxon e Verducido, que perden condición de Top-10 e deberán remontar para restaurar a súa dignidade. Por diante, semella que moi mal o ten que facer Magor para non gañar esta edición, a tenor dos 17 puntos de vantaxe sobre Botikas, que á súa vez vese acolloado por Popolo, destemido e con coraxe para dar a badalada. Pero… A loita non rematou… Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.
Saúdos e sorte!!
A túa sogra Herminia

Despois do paso fuhaz pero intenso de Eowyn este domingo viviremos unha nova cicloxénese esplosiva que vai colidir coa desputa da 18ª etapa da Liga da Inverneira. Semella que desta vez Hortensia vai marcar diferenzas na clasificación xeral, sendo, a falta do final de liga, unha das decisivas cara a consecución dos diversos soños dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. As apostas falan desa dificultade de predición en O Courel.
As apostas en temperatura máxima van dende os 8 ata os 14º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 2 e os 6º C. As precipitacións son máis que probables, con valores dende 15 ata os 68 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 45 ata os 110 km/h.
Moita amplitude nos parámetros de predicción polo que estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar e co reto de atopar un ou vari@s heroes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. Quen pode domiñar a Herminia??
As apostas:


Sorte e clima!!
San Martiño tardego
Xa sabedes que o refrán canta que a todo porco lle chega o seu San Martiño. Pois ainda que tardío, ese día chegou para a nosa lideresa Magor. Xa lle era tempo de acadar a súa primeira vitoria da competición (segunda histórica). Tanto tempo na cacheira da xeral precisaba dun recibo en forma de trunfo e este foi en Calvos, demostrando que o seu punto forte é a chuvia, na que se desenvolve coma ninguén. Calvos tivo o seu aquel, con tan só dous participantes por riba dos 50 puntos. Se podemos chamarlle escabechina, foi polo acadado por Magor.
A temperatura mínima chegou na madrugada ata os -6º C., moi por baixo das prediccións dos mellores desta edición. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 7º C., na media da maioría dos pronósticos. Os 9 de chuvia sí que eran agardados, pero somentes por 2 meteoludópatas e o vento marcou un refacho máximo de 42 km/h.
Así, Magor consegue a súa primeira vitoria nesta edición da Liga da Inverneira. Mallou a temperatura máxima, perdeu un só punto na chuvia e volveu mallar o refacho. Somentes deixou media vida na temperatura mínima, pero non evitou o trunfo de etapa con folganza. Con estes 54 puntos colle unha renda que pode ser definitiva de cara ó ciclo final de competición. 13 puntos sobre o segundo e 21 sobre o terceiro semellan máis que suficientes. Ou quizais non. De calqueira xeito, merécela vitoria, carallo!!
51 puntos engadiu no seu marcador o 3º clasificado, Popolo, a quen tamén lle falta unha vitoria de etapa para crer na remontada cara o título. Mallou a chuvia nunha xornada compricada, rozou o pleno no vento e perdeu ata 8 puntos nas temperaturas. Penso que puido aproveitar mellor a etapa, pero conserva o posto e reduce co 2º posto. Tes razóns para a ledicia!!
Sumando 49 puntos temos o 2º clasificado, Botikas, que ve como se alonxa o tereciro título consecutivo, ainda que sabendo como traballa, non tirará a toalla,ainda que queime o albornoz. Modesto empata na praza 14 e semella rexurdir das cinzas para mellorar nesta edición cun final esperanzador. Verducido sube un posto ata a 7ª praza buscando recuperar as sensacións perdidas dende novembro. Arriba ese animo!!
E con 48 puntos atopamos a Mina, que recupera posición no Top-10, preparándose para rematar con forza. Pequena festa ten que facer Víbora, inconsistente nesta edición onde buscará un Top-10 carísimo este ano. Mesma puntuación para Beocha, que acada a 4ª posición e tentará achegarsea praza de podio e acadar esa vitoria que se lle resiste. Forza no final!!
Esta foron as 8 mellores puntuacións na 17ª xornada, desputada en Calvos. Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.


