Novo membro no Olimpo

eltiempoentuojete volve a abrir a cancela do Olimpo Meteoludópata para recibir a Breogán77, que moito tempo despois da derradeira apertura, obra a milagre de facer os 60 puntos posibles, ou dito de outra forma, o PLENO da predicción meteorolóxica nunha xornada da Liga da Inverneira.

Pódese pensar que foi unha etapa propicia para elo, pero non atopamos participantes con 59 puntos, polo que fai máis ostentosa a exhibición de Breogán77. 60 puntazos que lle dan o mando da competición e que semellan unha declaración de intencións de cara á sua presentación coma proposta de futuro aspirante á vitoria final.

Marius, Kaltxon e Jose Lopez acadaron a segunda mellor marca da xornada con 58 puntos. Con 57 puntos, dous vellos coñecidos, Beocha e Botikas, acompañados por Compoñente Sur e o novato Patoloco. 56 puntos para o tamén novato Rasdgar, Verducido, M. B. Joaquín, Balboa e Julio. Estas foron os 13 mellores no concello de Ribeira.

En Corrubedo non houbo grandes decepcións, salvo algunha aposta en vento superior con creces ó agardado e outras que semellaban de noites tropicais (os 18º C. de mínima de Juanito Caminante). Tódolos participantes andiveron finos e somentes unha aposta non acadou os 50 puntos. Incluso @s novat@s estiveron á altura e algún asomou a cachola entre as mellores puntuación. De calqueira forma a Clasificación xeral está moi apertada e calqueira carencia de atención podería condenar ós primeiros postos ata o fondo do listado. Recorda que isto é unha Liga e que a consistencia é a clave do éxito.

As temperaturas estiveron na marxe do agardado e do recollido noutras edicións. Da mesma maneira non sempre chove nestas latitude e nesta época do ano, como reflicten resultados anteriores. O vento foi máis unha brisa, sempre dentro da marxe dun día solleiro na costa ribeirense.

Polo tanto, pouco espazo entre meteoludópatas, ou sexa que haberá que preparar ben a etapa de Penedo do Galo. A costa norte sempre pode achegar algún temporal, á marxe de ser unha estación nun lugar onde poucas axencias fan prediccións e acadar información precisa non é doado. A estudar, que o próximo control está a menos dunha semana e non se pode deixar todo para o derradeiro día!!.

Se queres acadar toda a información detallada da xornada inaugural da X Liga da Inverneira, en Corrubedo, pica no enlace exposto baixo estas letras.

* ainda non se actualizou a páxina de Históricos por parte de Meteogalicia. Amosamos os datos que permite Meteogalicia polo momento.

Saudos e sorte!!!

Novo membro no Olimpo Ler máis »

Presentación do novo curso

Primeiro día de clase neste curso 2023/24 de eltiempoentuojete coa presentación da X Liga de Inverneira na Galiza.

Dar a benvida agarimosa a tódol@s que fan posible a competición senlleira de eltiempoentuojete. Orgullosos de ver de novo os grandes protagonistas da porra meteorolóxica, única na sua especie, e tamén de saudar e recibir @s nov@s incorporacións deste curso. Agardamos que Rasdgar, Erdogan, Neboa, Patoloco, Rayomaquín e Magor desfruten e sufran como fan moit@s dos compoñentes da tribu de predicción meteorolóxica. Calqueira dúbida que se vos presente podedes a trasladar ó noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

A xornada inaugural da competición no país galego, coma sempre, corresponde a Corrubedo, no concello de Ribeira. Semella unha xornada sen sobresaltos e que podería dar múltiples gañadores ou, incluso, un pleno, os 60 puntos que levamos tempo sen contemplar nestes lares.

As temperaturas máximas oscilan entre os 19 e os 25º C. As mínimas van dende os 12 ata os 18º C. As apostas de chuvia na sua maioría non reflicten auga negunha, pero atopamos 3 apostas dun litro e unha, máis especial que achega ata 5 litros. Os refachos de vento móvense entre os 10 e os 37 km/h, con 2 apostas diferentes de 45 e 56 km/h.

Con estes datos temos por diante unha xornada moi desputada e que semella deixará poucas diferenzas na clasificación xeral. Agardamos unha etapa sen sobresaltos técnicos, que a web traballe como debe e non lamentar compricacións na retransmisión da xornada ao vivo durante o domingo.

Recalcar a benvida a tod@s, vell@s e nov@s e a desfrutar da meteoroloxía ludópata nesta nova aventura para o 2023/24.

apostas para corrubedo 2

Saúde e sorte!!!

Presentación do novo curso Ler máis »

O retorno da competición

Hoxe anunciamos á volta da competición estrela de eltiempoentuojete. Despois dunha derradeira tempada en blanco, sentimos que estamos preparados para a X Liga da Inverneira, datada entre finais de setembro de 2023 e mediados de marzo de 2024. Son 26 etapas, na maioría dos casos as mesmas de edicións pasadas.

Sen embargo, antes de nada queremos pedir desculpas polo abrupto final da derradeira competición xogada, suspendida ó pouco do seu comezo. Sentimos moito a decepción creada en torno á IX Liga da Inverneira e estamos a implementar solucións para que non se volva a repetir a situación de abandono. Varios competidores están a ser entrenados como webmasters de sustitución que serían os encargados de levar a bon término a edición en curso. Agardamos que sempre teñamos alguén que se encargue da web no caso de desconexión por parte dos webmasters orixinais. Se queres formar parte do equipo de emerxencias somentes tes que poñerte en contacto con nós no noso enderezo de correo electrónico que segue a ser o mesmo de sempre: eltiempoentuojete@gmail.com

Puntualizar que a derradeira edición queda sen gañador final, pero as vitorias e puntuacións das duas etapas xogadas seguirán en vigor de cara ás estadísticas da web.

A tempada comezará o domingo día 24 de septembro, coma sempre en Corrubedo, con apostas que debemos recibir antes das 24:00 horas do venres 22.

Tamén quixéramos compartir o noso agradecimento infinito a Popolo por asumir desinteresadamente os gastos xerados pola web durante dous anos. Cada vez que entres en eltiempoentuojete e non atopes publicidade, pensa en Popolo como artífice do milagre. Mil grazas o patrocinador desta nova tempada. Ave Popolo!!

Calqueira dúbida que se presente tentaremos resolvela no noso enderezo electrónico, non te cortes. Tamén agradeceremos apuntes sobre erros atopados en datas, enlaces ou de calqueira tipo. Estamos ó voso servicio sen restriccións. E precisamos desa axuda para levar a cabo a tarefa de que todo se desenrole como debería. Contacta con nós en eltiempoentuojete@gmail.com

Saúde e sorte!!!

O retorno da competición Ler máis »

Tomando posicións

A 2ª etapa da IX Liga da Inverneira en Penedo do Galo, Viveiro, atopóuse de fronte co vran de San Miguel, fenómeno de tempo anticiclónico que coincide unha semana despois do inicio do outono. A chuvia non tivo nada que ver no desenrolo da xornada e o vento foi, despois da sobremesa, a que decidiu o resultado final.

A etapa comezou con temperaturas altas para a altura da estación. A mínima quedou en 12º C., un pouco por riba da media de apostas. A máxima acadaríase no mediodía, chegando ata os 18º C., un pouco por baixo da media de apostas. Sen auga na cubeta, o vento foi acadando marcas paseniñamente, case kilómetro a kilómetro, amosando un valor máximo de 42 km/h., no rango das apostas feitas.

Sen a chuvia presente, o normal sería ter un brazado de gañadores, pero, da mesma maneira que en Corrubedo, xurdiu un vencedor en soidade. Kaltxon fáise coa sua primeira vitoria en Penedo do Galo, ademáis de ter o agasallo do liderato na Clasificación xeral. A sua aposta en temperatura estivo entre as 3 mellores, onde perdeu 1 punto, máis outro que deixou no refacho de vento, tamén moi atinado, para un total de 58 puntazos. Os favoritos non agachan a cachola…

Ata 5 competidores acadaron a 2ª mellor marca da xornada con 57 puntos. Michi e Belenchis superan as marcas da xornada de Corrubedo, mentras Julio, Verducido e Punteiro son dos aspirantes ó título final. E xa están eiquí…

E ata 9 son os competidores coa 3ª marca en Penedo do Galo. Tamén eiquí atopamos a vari@s d@s favoritos ó trofeo. Sarabia, Marius, Beocha e Juanito Caminante semellan preparados para dar o chimpo de calidade necesario. Botikas e Víbora xa están nese nivel e sempre agardamos máis de Lukas, Aki e Nanuq, destacados noutras edicións.

Na Clasificación Xeral atopamos a 9 aspirantes nos 9 primeiros postos, e co resto de favoritos ben preto da cacheira da táboa. Kaltxon colle o mando(114), con Verducido un punto por tras (113). Botikas a seguir cun punto menos (112). Con 111 un grupo de 4 con Beocha, Julio, Landrán e Víbora, seguido doutro grupo (110) con ata 8 competidores: Lukas, Marius, Belenchis, Juanito Caminante, Aki, Punteiro, Mingos e Rasta76.

O resto da xeral mantén diferenzas miúdas, polo que non se pode tirar a toalla, ainda con 24 datas de xogo por diante.

Se queres coñecer os detalles do acontecido en Penedo do Galo, Viveiro, pica no enlace que ofertamos embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Tomando posicións Ler máis »