Sorpresa na estrea

Primeira etapa da IX Liga da Inverneira e, coma na maioría dos casos en Corrubedo, tivo un gañador en soidade, incluso parecendo unha etapa achanzada, sen chuvia e coas temperaturas agradables ó carón do mar. Pero facendo as contas é como se coñecen os datos.

A temperatura mínima baixou con respecto a días anteriores, deixando un valor de 11º C. No mediodía acadóuse a máxima, con 23º C. Non houbo rastro de chuvia e os refachos de vento devolveron un valor máximo de 37 km/h., dentro do habitual en Corrubedo.

Con somentes 6 xornadas xogadas, sen rematar nengunha competición e a intermitencia coma bandeira, Liam dou a badalada ó facerse coa máxima puntuación na etapa inaugural en Corrubedo. Baseou o seu trunfo nunha perfecta predicción da temperatura, no que fixo pleno contra os 17 puntos máximos entre o resto de competidores. Pleno tamén en pluviosidade e 3 puntos de perda no refacho de vento, que fan un total de 57 puntos e o liderato da Liga da Inverneira. Noraboa!!!

Por tras, con 56 puntos, atopamos ó máis granado do fin da tempada pasada. Verducido, Landrán, Botikas e Kaltxon acompañan a Rasta76 nesta primeira xornada. Tentarán non perder comba, á conta dun inicio sen erros.

55 puntos achegan no seu marcador outros 3 aspirantes. Modesto, Beocha e Víbora escoltan a 2 eternas promesas, Iago e Mingos. A só dous puntos da cacheira da clasificación xeral, este pode ser o seu ano.

Estas son as 10 mellores puntuacións da etapa de Corrubedo, pero detrás deles as puntuacións son moi parellas, con ata 11 participantes con 54 puntos. Se queres indagar no acontecido na xornada inaugural da IX Liga da Inverneira, pica no enlace que adxuntamos baixo este texto.

Saúde e sorte!!!

Sorpresa na estrea Ler máis »

Inauguración da Inverneira

Benvid@s de novo, meteoludópatas, a unha nova tempada de competicións meteorolóxicas en eltiempoentuojete. Esta 10ª tempada comeza co 9º certame na Galiza, a Liga da Inverneira. Ó longo de 6 meses faremos prediccións nas máis senlleiras estacións meteorolóxicas da rede de Meteogalicia, nun periplo que nos levará dende as praias e portos da costa galega ata os cumios máis representativos do clima de Galicia, onde as xeadas, trebóns, chuviscas, nevaradas, suradas, nortadas, néboas e todo tipo de meteoros serán os principais obstáculos cara a excelencia predictiva. E por outra banda teremos enfronte ata 41 competidores que se presentan nesta xornada inaugural. Corrubedo corta de novo a cinta que vai arrancar as competicións de eltiempoentuojete neste curso 2022-23.

Damos a benvida ós exiliados no vran, e tamén a xente coma Juanito Caminante, revelación na 8ª Liga da Inverneira e a Santiago Pemán, novato do ano que amosa un nome-nick que lle pode facer moi grande. O defensor do título, Verducido, agarda repetir, ainda que os grandes deuses de Galicia coma Botikas, Víbora, Beocha, Mina, Xowi ou Sarabia tentarán evitalo. Os novos heroes coma Landrán, Kaltxon, Modesto e Marius pretenden dar un paso adiante e loitar polo título o que somentes optaron 2 xogadores nas derradeiras 5 edicións. Se o teu nome non está entre estes citados, danos unha sorpresa pola que teñamos que falar de tí…

Semella que este ano colleremos ainda tempo de vran no inicio da Liga. Corrubedo agarda unha edición anticiclónica ainda que con pequenas posibilidades de chuvia e unha temperaturas que descenden cara o outono. Polo tanto vai ser unha xornada con resultados moi apertados, que merece a tua atención no domingo, onde podes seguila ao vivo dende este enlace, a partires das 02:00 horas desta madrugada.

As apostas de temperatura máxima van dende os 18 ata os 27º C., cunha grande amplitude. As temperaturas mínimas oscilan entre os 10 e os 19º C. Somentes atopamos unha xornada húmida nun competidos, que amosa 1 litro. Os refachos de vento, tamén con diferenzas apreciables, van dende os 22 e os 52 Km/h.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Inauguración da Inverneira Ler máis »

Unha década de competición

Saúdos, meteoludópata…

Con este artigo pechamos a 9ª tempada de competicións meteorolóxicas e iniciamos o 10º curso de eltiempoentuojete.

Para rematar a tempada queremos agradecer a tod@s aqueles que xogáchedes cada semana con nós. Ésta é unha páxina de de apostas e estudo do clima que da un traballo importante, leva moito tempo preparar as competicións e, dende fai tres anos, pagamos polo mantemento da web sen anuncios nen publicidade de ningún tipo. Por iso, a nosa única motivación e recompensa é que a xente que xoga se senta a gusto nun certame que (non nos fartamos de dicilo) é único no mundo coñecido. Tí eres parte do impulso que precisamos despois de 10 anos e por iso agradecerémolo sempre.

Agradecementos tamén para os que colaboran activamente no funcionamento da web e do xogo. Mac pola creación, mantemento e desenrolo da táboa excel que permite facer as contas da xornada e a clasificación xeral. A Breogán77 por mellorar os textos das etapas tanto en Galicia coma naos torneos no exilio. A Víbora por avisar @s retrasad@s cada venres e dar os avisos no whatsapp. A Xowi, Modesto, Kaltxon, Landrán, Botikas, Marius e tod@s quen algunha vez remitiu erros nos textos, enlaces ou nas estacións meteorolóxicas en xogo. A César por ser o enlace entre a web e o servizo de hosting. A Petrus pola creación da táboa excel da Liga Sísmica e a Iago pola idea a partir da cal xurdiu a Ojete’s Cup. E por suposto a calqueira participante que creou contido orixinal para as Monografías de eltiempoentuojete. Ainda agardamos para publicar algo da túa propiedade, non te cortes, estamos abertos a calqueira cousa relacionada co clima ou as etapas que desputemos. Anímate a deixar a túa pegada en internet en eltiempoentuojete.

Recordo especial para Ocandepavlov, que nos deixa nesta 9ª tempada. eltiempoentuojete non esquece ós seus heroes.

IX Liga da Inverneira de Galicia

A 10ª tempada de competicións meteorolóxicas comeza coa desputa do torneo que da vida a eltiempoentuojete. A IX Liga da Inverneira, a desputar en Galicia entre finais de setembro e mediados de marzo está xa configurada. O comezo do campionato está datado para o domingo 25 de setembro (con aposta o venres 23) no lugar de sempre, Corrubedo, no concello de Ribeira. Os menús, enlaces e páxinas de destino semella están preparados. Podes acceder á presentación da Liga picando no cartel na parte superior a este texto. Tamén o menú do blog está configurado cara a nova liga. Pero, coma sempre, pedimos a tua complicidade para atopar faios do tipo erros de información, enlaces que apunten a onde non deben ou carencia de datos. Podes remitir calqueira deles, posibles melloras, dudas ou confirmacións enviando un mail o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Saudos e clima!!!

Unha década de competición Ler máis »