Primeira etapa da IX Liga da Inverneira e, coma na maioría dos casos en Corrubedo, tivo un gañador en soidade, incluso parecendo unha etapa achanzada, sen chuvia e coas temperaturas agradables ó carón do mar. Pero facendo as contas é como se coñecen os datos.
A temperatura mínima baixou con respecto a días anteriores, deixando un valor de 11º C. No mediodía acadóuse a máxima, con 23º C. Non houbo rastro de chuvia e os refachos de vento devolveron un valor máximo de 37 km/h., dentro do habitual en Corrubedo.
Con somentes 6 xornadas xogadas, sen rematar nengunha competición e a intermitencia coma bandeira, Liam dou a badalada ó facerse coa máxima puntuación na etapa inaugural en Corrubedo. Baseou o seu trunfo nunha perfecta predicción da temperatura, no que fixo pleno contra os 17 puntos máximos entre o resto de competidores. Pleno tamén en pluviosidade e 3 puntos de perda no refacho de vento, que fan un total de 57 puntos e o liderato da Liga da Inverneira. Noraboa!!!
Por tras, con 56 puntos, atopamos ó máis granado do fin da tempada pasada. Verducido, Landrán, Botikas e Kaltxon acompañan a Rasta76 nesta primeira xornada. Tentarán non perder comba, á conta dun inicio sen erros.
55 puntos achegan no seu marcador outros 3 aspirantes. Modesto, Beocha e Víbora escoltan a 2 eternas promesas, Iago e Mingos. A só dous puntos da cacheira da clasificación xeral, este pode ser o seu ano.
Estas son as 10 mellores puntuacións da etapa de Corrubedo, pero detrás deles as puntuacións son moi parellas, con ata 11 participantes con 54 puntos. Se queres indagar no acontecido na xornada inaugural da IX Liga da Inverneira, pica no enlace que adxuntamos baixo este texto.