Apostas en Castro Vicaludo 2023

Xornada onde volve mandar o anticiclón, e cunha nova vaga de calor en toda a península que volta afectar o noroeste, deixando altas temperaturas en todo o país galego e, como non, no sur da provincia de Pontevedra. Notamos varias ausencias entre meteoludópatas, que non vai mermar a competencia neste domingo algún aviso por tardanza, que afecta somentes a M. B. Joaquín e duas penalizacións por exceder o tempo límite pactado.

Castro Vicaludo, no concello de Oia, agarda polas nosas prediccións.

Polo que atingue ás temperaturas máximas, recibimos rexistros entre os 24 e os 31º C. Con respecto ás mínimas, hai valores entre os 15 e os 20º C. Voltamos a ter unanimidade no que á pluviosidade se refire, con baleiro absoluto. Os refachos de vento marcan entre os 17 e os 41 km/h.

Con estes datos semella imos ter unha etapa moi axustada, con baixa probabilidade de vitoria en soidade e con poucas variacións na Clasificación Xeral, ainda que iso e pura especulación e algún movemento importante pódese rexistrar. Podes seguir a Xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas deste domingo ainda que as actualizacións continuadas faranse dende a mañanciña.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Apostas en Castro Vicaludo 2023 Ler máis »

Noite tropical na Mariña

Espectacular xornada cálida a desenrolada (ou sufrida) no Penedo do Galo, con marcas inéditas nestas datas de Outubro. Falábamos na previa da aposta arriscada de Bar Pequeno, cos seus 22º C. de mínima. Hoxe, despois do remate do domingo, falamos da sua aposta coma unha das gañadoras xunto con Popolo. 55 puntos nunha etapa onde non foi doado chegar aos 50 puntos mínimos que require unha xornada sobre seco e a comezo do outono. Máis da metade d@s meteoludópatas non acadaron esa marca, incluindo moit@s das vacas sagradas de eltiempoentuojete. Isto fai que a diferenza entre o líder e o derradeiro xogador con as duas xornadas desputadas sexa de… 17 puntos!! Non é o agardado a estas alturas…

A temperatura mínima quedou en 23º C. redondeados, unha noite propia de Colombia en pleno vran. Despois do amencer a cousa quentouse ata chegar ós 29º C. (e sorte, porque ficou a piques dos 30). A auga non apareceu nun día tan quente pero o vento somentes acadou os 20 km/h. nun alto que marca dos maiores refachos da comunidade. Semella ser un dos valores máis baixos nos anos de xogo de eltiempoentuojete.

Deste modo só queda felicitar a Bar Pequeno e Popolo, que con 55 puntos non deixaron oportunidade ó resto de competidores. Bar Pequeno chega ata a segunda praza apenas a un punto do líder e deus meteorolóxico amateur Breogán77, que si poido superar os 50 puntos. Popolo entra no Top-10 despois dunha mala primeira xornada.

53 puntos para Lukas, cunha aposta equilibrada, perdendo puntos somentes nesa mínima de escándalo.

52 puntos achegan ó seu marcador Rasdgar, Balboa, Compoñente Sur, Mutombo e M. B. Joaquín. Todos eles entran de cacheira no Top-10 da Clasificación Xeral e postúlanse coma serios aspirantes a permanecer nel.

Xowi, Breogán77, Julio, Mingos e Sarabia suman 51 puntos e tamén se ven preto do liderato e collen ánimos cara a próxima cita en Castro Vicaludo.

No outro lado da moeda temos a Modesto, que pasou friaxe en Viveiro e finalmente quedou xeado con 40 puntos nas derradeiras posicións e terá que botar leña na cheminea para remontar 2 xornadas para esquecer. Foi incluso superado polos retrasados do día…

Se queres coñecer todos os datos recabados na 2ª etapa da X Liga da Inverneira, pica no enlace embaixo exposto.

Saudos e sorte!!!

Noite tropical na Mariña Ler máis »

Vran de S. Miguel en Viveiro

Seguimos coa secuencia anticiclónica de cara á segunda etapa da Liga da Inverneira, desta vez na provincia de Lugo, na zona da mariña, no alto que se sitúa no fondo da ría que corona Viveiro. Penedo do Galo, xa un clásico nestas datas pode ser outra oportunidade de entrar no Olimpo meteorolóxico coma fixo Breogán77 na derradeira e inaugural xornada.

San Miguel vainos deixar un domingo solleiro, con temperaturas altas para a época do ano e cun vento, que nesta localización adoita ser importante, que semella non marcará a diferencia con calqueira outra localidade do país galego.

As apostas en temperaturas máximas van dende os 22 ata os 32º C, unha amplitude maior do agardado. As mínimas sitúanse entre os 13 e os 18º C., cunha anomalía que chega ata os 22º C.,que probablemente marcaría un feito record neste lugar e nesta época. Nengunha aposta sobre mollado, con seca en tódolos marcadores. O vento rexistra unha variación entre os 9 e os 46 km/h. sendo outro parámetro con marxe cara enriba e cara embaixo.

Con estes datos agardamos unha xornada moi apertada, de novo con posibilidades de pleno e que que podería (ou non) modificar significativamente a Clasificación Xeral, arrimando ós descolgad@s ou destacando ós máis favorecid@s. Recordar que teñen un aviso cara a penalización Rasta, Luna Desgracia, Breogán77, Mutombo, Lukas, Erdôgan e Budainca. Coidado cos retrasos, non fagades coma Punteiro e Lume, perdid@s na verbena de S. Miguel.

Saúde e sorte!!!

Vran de S. Miguel en Viveiro Ler máis »