Seguimos coa secuencia anticiclónica de cara á segunda etapa da Liga da Inverneira, desta vez na provincia de Lugo, na zona da mariña, no alto que se sitúa no fondo da ría que corona Viveiro. Penedo do Galo, xa un clásico nestas datas pode ser outra oportunidade de entrar no Olimpo meteorolóxico coma fixo Breogán77 na derradeira e inaugural xornada.
San Miguel vainos deixar un domingo solleiro, con temperaturas altas para a época do ano e cun vento, que nesta localización adoita ser importante, que semella non marcará a diferencia con calqueira outra localidade do país galego.
As apostas en temperaturas máximas van dende os 22 ata os 32º C, unha amplitude maior do agardado. As mínimas sitúanse entre os 13 e os 18º C., cunha anomalía que chega ata os 22º C.,que probablemente marcaría un feito record neste lugar e nesta época. Nengunha aposta sobre mollado, con seca en tódolos marcadores. O vento rexistra unha variación entre os 9 e os 46 km/h. sendo outro parámetro con marxe cara enriba e cara embaixo.
Con estes datos agardamos unha xornada moi apertada, de novo con posibilidades de pleno e que que podería (ou non) modificar significativamente a Clasificación Xeral, arrimando ós descolgad@s ou destacando ós máis favorecid@s. Recordar que teñen un aviso cara a penalización Rasta, Luna Desgracia, Breogán77, Mutombo, Lukas, Erdôgan e Budainca. Coidado cos retrasos, non fagades coma Punteiro e Lume, perdid@s na verbena de S. Miguel.