Espectacular xornada cálida a desenrolada (ou sufrida) no Penedo do Galo, con marcas inéditas nestas datas de Outubro. Falábamos na previa da aposta arriscada de Bar Pequeno, cos seus 22º C. de mínima. Hoxe, despois do remate do domingo, falamos da sua aposta coma unha das gañadoras xunto con Popolo. 55 puntos nunha etapa onde non foi doado chegar aos 50 puntos mínimos que require unha xornada sobre seco e a comezo do outono. Máis da metade d@s meteoludópatas non acadaron esa marca, incluindo moit@s das vacas sagradas de eltiempoentuojete. Isto fai que a diferenza entre o líder e o derradeiro xogador con as duas xornadas desputadas sexa de… 17 puntos!! Non é o agardado a estas alturas…
A temperatura mínima quedou en 23º C. redondeados, unha noite propia de Colombia en pleno vran. Despois do amencer a cousa quentouse ata chegar ós 29º C. (e sorte, porque ficou a piques dos 30). A auga non apareceu nun día tan quente pero o vento somentes acadou os 20 km/h. nun alto que marca dos maiores refachos da comunidade. Semella ser un dos valores máis baixos nos anos de xogo de eltiempoentuojete.
Deste modo só queda felicitar a Bar Pequeno e Popolo, que con 55 puntos non deixaron oportunidade ó resto de competidores. Bar Pequeno chega ata a segunda praza apenas a un punto do líder e deus meteorolóxico amateur Breogán77, que si poido superar os 50 puntos. Popolo entra no Top-10 despois dunha mala primeira xornada.
53 puntos para Lukas, cunha aposta equilibrada, perdendo puntos somentes nesa mínima de escándalo.
52 puntos achegan ó seu marcador Rasdgar, Balboa, Compoñente Sur, Mutombo e M. B. Joaquín. Todos eles entran de cacheira no Top-10 da Clasificación Xeral e postúlanse coma serios aspirantes a permanecer nel.
Xowi, Breogán77, Julio, Mingos e Sarabia suman 51 puntos e tamén se ven preto do liderato e collen ánimos cara a próxima cita en Castro Vicaludo.
No outro lado da moeda temos a Modesto, que pasou friaxe en Viveiro e finalmente quedou xeado con 40 puntos nas derradeiras posicións e terá que botar leña na cheminea para remontar 2 xornadas para esquecer. Foi incluso superado polos retrasados do día…
Se queres coñecer todos os datos recabados na 2ª etapa da X Liga da Inverneira, pica no enlace embaixo exposto.