Mollando a palleta

Semella que nesta 4ª etapa da X Liga da Inverneira si que imos que ter en conta a chuvia, por algúns ansiada ainda que sempre pode non cair a gusto de tod@s, dadas as apostas recibidas onte. O que si semella é que a clasificación xeral vaise enguedellar moito despois da desputa en A Armenteira. Disque viron meteoludópatas de xeonllos facendo o munguolquer trepando cara o mosteiro na zona alta de Meis. A temperatura tamén será unha incógnita e ademáis o vento pode decidir a xornada, porque os maiores refachos se agardan cara a derradeira hora do día. Por iso haberá que agardar ata o postremeiro instante de competición para coñecer @ triunfante en A Armenteira e a disposición final da xeral.

As apostas sobre temperatura máxima establécense entre os 16 e os 22º C. a máis dunha aposta agosteira que chega ata os 28º C. Polo que atingue ás temperaturas mínimas, atopamos valores dende os 12 ata os 16º C. Na casiña da pluviosidade, moita pluraridade, con cifras que van dende un único litro de precipitación ata os 20 que podemos ver como máximo. Argallóuse a lea no primeiro día de choiva da tempada. Os refachos de vento tamén teñen o seu aquel, con importes entre os 15 e os 44 km/h. e unha aposta intrépida que se foi ata os 70 km/h. Julio, xunto con unha aposta en chuvia de 18 litros, pode dar a badalada e recuperar de golpe o perdido nas 3 etapas precedentes.

Con esta previa non deberías de perderte o desenrolo da 4ª etapa, a de A Armenteira, que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada. Meteogalicia advirte da posibilidade de chuvia en torno ás 5 ou 6 da madrugada, pero somentes é unha estimación.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Mollando a palleta Ler máis »

Noites de calmuzo

Nesta xornada en Castro Vicaludo voltamos a vivir un domingo de altas temperaturas cunha máxima diaria que chegou ata os 27º C. Pero o destacable foi unha nova noite tropical cunha temperatura mínima que non baixou dos 22º C. (redondeados). Como era de agardar, non caeu nin pinga de chuvia. O refacho máximo diario marcou os 30 km/h., que semella pouco para os 480 metros de altitude dunha estación que se sitúa ó carón do Océano Atlántico.

As mellores puntuacións do día foron os 56 puntos de José Lopez e Aki, que tiñan as mínimas máis altas apostadas. Nas máximas tamén andiveron finos e poucos puntos perderon no refacho. Jose Lopez entra no Top-10 da xeral e Aki recupera puntos e chega ata o posto 16.

Por tras deles con 55 puntos entraron Nanuq e Botikas, con mínimas máis baixas pero con apostas moi equilibradas. Os dous se manexan agora cara a metade da távoa de clasificación.

54 puntos obtiveron o cuarteto formado por Breogán77, que permanece como líder, e Popolo, no Top-5. Beocha e Budainca chegan ata o Top-10, con marcas moi regulares.

E ata 10 competidores suman 53 puntos nos seus marcadores. Marius, Rasdgar, Mina, Compoñente Sur, Lukas, Kaltxon, Kalandrakas, Bar Pequeno, Mingos e M. B. Joaquín. A moit@s deles podedes atopalos entre o Top-10 e outr@s cara a metade da clasificación e case tod@s melloran a sua situación.

A Clasificación Xeral segue comandada dor Breogán77, seguido de preto por Bar Pequeno a 2 puntos e Compoñente Sur a 3. Catro puntos detrás do líder están Rasdgar, Popolo, M. B. Joaquín e Jose Lopez. Un punto menos ten Beocha, na 8ª praza e dous menos para Mingos, Kaltxon, Budainca e Balboa, que pechan as puntuacións do Top-10 da xeral.

Se queres indagar en todo o acontecido na 3ª xornada da Liga da Inverneira, no concello de Oia, pica no enlace embaixo exposto para acceder a tódolos datos recollidos.

P. D. Preparádevos para a posible chegada de chuvia este fin de semana á conta dunha fronte que pode afectar moito á clasificación xeral despois da 4ª xornada, en A Armenteira, no concello de Meis e tamén a boa altitude cara o Atlántico. Gran etapa para perder posicións de mérito ou para recobrar folgos perdidos.

Saudos e sorte!!

Noites de calmuzo Ler máis »

Apostas en Castro Vicaludo 2023

Xornada onde volve mandar o anticiclón, e cunha nova vaga de calor en toda a península que volta afectar o noroeste, deixando altas temperaturas en todo o país galego e, como non, no sur da provincia de Pontevedra. Notamos varias ausencias entre meteoludópatas, que non vai mermar a competencia neste domingo algún aviso por tardanza, que afecta somentes a M. B. Joaquín e duas penalizacións por exceder o tempo límite pactado.

Castro Vicaludo, no concello de Oia, agarda polas nosas prediccións.

Polo que atingue ás temperaturas máximas, recibimos rexistros entre os 24 e os 31º C. Con respecto ás mínimas, hai valores entre os 15 e os 20º C. Voltamos a ter unanimidade no que á pluviosidade se refire, con baleiro absoluto. Os refachos de vento marcan entre os 17 e os 41 km/h.

Con estes datos semella imos ter unha etapa moi axustada, con baixa probabilidade de vitoria en soidade e con poucas variacións na Clasificación Xeral, ainda que iso e pura especulación e algún movemento importante pódese rexistrar. Podes seguir a Xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas deste domingo ainda que as actualizacións continuadas faranse dende a mañanciña.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Apostas en Castro Vicaludo 2023 Ler máis »