Nos cumios ourensáns

Esta sección da Liga da Inverneira está dedicada ás zonas altas da provincia de Ourense e nesa liña enmárcase a 16ª etapa ubicada no Alto do Rodicio, no concello de Maceda. Agardamos baixas temperaturas, vento medio e algunha posibilidade, ainda que pequena, de chuvia feble. A partires destas prediccións, á xornada semella moi igualada e con poucos, ainda que non nulos, trocos na clasificación xeral.

As apostas en temperatura máxima están abertas coma sempre, indo dende os 0 ata os 10º C. e con unha aposta asombrosa de 13º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -2 e os 4º C., complementada cunha aposta excéntrica de 8º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación é un moi parámetro pouco discutido, con valores dende os 0 ata os 2, con maioría para os marcadores secos. Mentras. os refachos de vento van dende os 14 ata os 62 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Nos cumios ourensáns Ler máis »

O líder todopoderoso

Rematou a 15ª etapa da Liga da Inverneira en Cabeza de Manzaneda e este ano podemos dicir que sen incidencias sinalables nos aparellos da estación. O anemómetro traballou sen sobresaltos, quizáis polo morno das temperaturas na estación de esquí. Os resultados dos parámetros estiveron relativamente entre os apostados, polo que a etapa estivo moi desputada ainda que cunha nova exhibición do cada días máis líder, Kaltxon.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada con -2º C. e xa non subíu de  en toda a xornada, mantendo unha amplitude térmica moi baixa. A presenza da neve era improbable, marcando un resultado de 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 58 km/h., na media do agardado

Kaltxon é ainda máis líder despóis de acadar unha gran vitoria no cumio ourensán con 57 puntos. perdendo somentes 1 punto nas temperaturas e 2 no refacho. Conta xa cunha vantaxe de 15 puntos en outras tantas xornadas. Fai uns anos estivo nunha posición semellante nestas alturas da Liga e acabou papado polos lobos. Nesta ocasión semella que debería aprender do pasado e agora mesmo é o aspirante número 1 para abrir as portas do Olimpo meteorolóxico. Ademáis xa acumula 4 vitorias, 2 delas en soidade e iso vai escorrentando ós seus persecutores. Pero ainda é cedo para repicar as campás.

56 puntos para Óscar e Rasta. De Óscar pouco que dicir máis que a súa inconstancia faino localizable no sumidoiro da xeral, ainda que con faiscas de xenio coma este domingo. Rasta váise alonxando de Xowi ó tempo que ameaza o 7º posto de Marius. Semella que do Top-10 non o moven.

Con 55 puntos atopamos a Julio, moi forte este ano pero de momento sen éxito na procura de Kaltxon. Colle folgos e distancia tras o descalabro de Landrán, ainda que con Beocha ainda moi preto. Mesmo resultado para Botikas que segue na teima de recuperar os puntos de atraso e xa ataca o 4º posto de Landrán. É mellor non perdelo de vista, seu perigo é unha teima. Mesmos puntos para Víbora, que xa está no grupo apertado que persigue o Top-10. Esta semana sube ata o posto 15.

Con 54 puntos e neste mesmo grupo están Breogán77 e Lume, na 12ª e 13ª posición respectivamente, agatiñando cara enriba e agardando o faio que os coloque entre a elite da xeral. Igual puntuación para dous que están xa nesa parte notable da táboa. Beocha mantén o podio no 3º lugar, teimuda coma sempre e Verducido na 6ª praza en terra de ninguén, agardando tempos mellores.

Estes foron os 10 competidores mellor puntuados nesta etapa con máis altitude nesta edición, Cabeza de Manzaneda. Para acadar tódolos datos recollidos na 15ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

O líder todopoderoso Ler máis »

O ceo da Liga

A 1758 metros de altitude se atopa a estación meteorolóxica en xogo esta semana. O cumio da Liga da Inverneira. Cabeza de Manzaneda foi esquecida despóis de anos de contínuos faios sobre todo no seu anemómetro, e, por ser esta unha edición especial, recuperada para a competición especial 500. Pero semella que segue coa súa teima de traballar de forma inconstante, repetindo erros do pasado. Agardamos que este domingo faga unha excepción e nos de unha xornada sen reproches e que poidamos rematala sen arrepentirnos de seleccionala.

As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os -1 ata os 8º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -4 e os 0º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación é un moi parámetro pouco discutido, con valores dende os 0 ata os 2, con somentes 3 marcadores activos. Mentras. os refachos de vento van dende os 12 ata os 75 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto con apostantes botando o resto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

O ceo da Liga Ler máis »