Entorno
A capital de Assam é Dispur e a súa capital comercial, Guwahati. Está situado ao nordés do país, limitando ao norte con Bután e Arunachal Pradesh, ao sur con Nagaland, Manipur, Mizoram, Tripura e Megalaya, ao suroeste con Bangladesh e ao leste con Bengala Occidental. É famoso por albergar o parque nacional de Kaziranga, fogar da maioría dos rinocerontes indios do mundo. O río Brahmaputra cruza todo o estado de leste a oeste. Antes da colonización a primeira referencia a Assam menciónao como reino de Kamrup. Cara ao ano 640, un viaxeiro chinés chegou á corte do rei Bhaskar Barman, aliado de Harsha Vardhana, soberano da India do Norte. No século XIII o reino entrou en descomposición ao fragmentarse en jeferías tribais e dominios de rajahs hindús chamados bhuyans. A tribu dos Ahom, de orixe shan, chegou nesta época desde Birmania (1228) e estableceuse na rexión absorbendo os reinos de Chutiya e Kachari, sometendo ás tribus montañesas próximas e integrando aos Bhuyans no aparello administrativo feudal do estado.
No século XVI e no século XVII, os Ahom rexeitaron as invasións dos mogoles e unha porción do Koch, veciño dos ahom, foi ocupado (1682). Baixo o rei Rudra Xingha (1696-1714) os Ahom alcanzaron o seu cenit. En 1769 unha parte da poboación rebelouse baixo a dirección dos mahantas (líderes relixiosos). O alto Assam quedou devastado.
Ramakata conseguiu a vitoria e coroouse rei. O rei Ahom, Gaurinath Xingha (1780-95) pediu axuda aos británicos que restauraron a orde no Reino. Pero a loita civil mantívose e en 1817 os birmanos invadiron o país coa colaboración de Badan Chandra, gobernador traidor de Bar Phukan. Estas guerras provocaron a morte dun terzo da poboación. Finalmente os británicos derrotaron aos birmanos e anexionaron Ahom en 1826.
Dominio británico e independencia
O país foi dividido en dous comisionarías: Alto Assam e Baixo Assam e en 1832 en catro distritos: Goalpara, Kamrup, Darrang e Nagaon. En 1836 o bengalí foi declarado lingua oficial. En 1873 o idioma asamés foi restablecido como lingua. En 1951 unha zona fronteiriza foi cedida a Bután. A oposición de diversos grupos a un gran Assam levou á creación de varios estados: Nagaland en 1963, Meghalaya, Manipur e Tripura en 1972, e Arunachal Pradesh – antes NEFA territory desde 1972 – e Mizoram -territorio desde 1972- en 1987. En 1971 uns 2 millóns de bengalíes emigraron a Assam, tras a guerra entre India e Paquistán. Estes bengalíes apoiaban ao Partido do Congreso, no poder en Delhi, e por tanto o seu establecemento foi tolerado. A oposición á emigración creceu entre os asameses. En 1983 produciuse a masacre de 500 bengalíes en Nellie. Finalmente o 15 de agosto de 1985 estableceuse un tratado que impedía o establecemento de novos emigrantes, o cal de feito non tivo moita aplicación. En 1989 empezou a oposición dos Bodos (no norte do estado) ao goberno asamés ao que se queixaban de non respectar a terra e cultura dos bodos. A finais de 1999 unha organización musulmán iniciou as súas actividades reclamando un estado separado para a musulmáns de Assam. Os estados de Assam e Mizoram manteñen unha histórica disputa fronteiriza. A principios de agosto de 2021, os tiroteos entre policías de ambos os estados deixaron varios mortos e decenas de feridos.