Entorno
Belmopán é a sede da terceira xornada da Ojete’s Cup, onde, entre outras, veremos o desenlace das semifinais polo título. Unha das capitales máis novas de América Central agarda polas prediccións…
Belmopán é unha cidade proxectada tras o furacán Hattie, que devastou a capital, Belize City, no ano 1961. A partires dese ano comezou a planificación da nova capital en terra firme, a 80 kms. da vella. Foi despóis de pedir os cartos á Commonwealth británica, cando Lord Greenwood sinalou en 1965 a localización da nova capital. A primeira fase de construcción rematou en 1970.
O nome de Belmopán combina o nome dos dous ríos que atravesan esa área, o río Belice, que deriva do maya “Belixin”, que significa “auga pantanosa”, e o río Mopán. Éste provén dun antigo pobo maya, no que “Mo” significa “guacamayo” e “Pan”, que designaba a “tucán”.
A 31 kilómetros do mar, localízase preto do val do río Belice.
Localización
Datos da estación
A Estación Belmopan está ubicada a 17,25º de latitude e -88,78º de lonxitude e a unha altitude de 52 metros. Situada, daquela, no distrito de Cayo, foi dada de alta en 2015.