Entorno
Roberton fai a terceira das roldas de competición da Ojete’s Cup 2021. Enclavada na comarca de South Lanarkshire, a área sur dos Lanarkshire.
Roberton recibe o seu nome de Robert, irmán de Lambyn Asa, terratenente e proxenitor dos Condes de Loddon e Lamington. O feudo data do século XII, sendo dos primeiros asentamentos flamencos en Lanarkshire, daquela feudo dependente de Baldwin de Biggar.
Este condado de Lanarkshire foi escenario de importantes episodios na historia de Escocia. William Wallace (protagonista de Braveheart) atacou guarnicións no concello. Posteriormente covertéuse nun centro vital na fabricación de textiles, sobre todo algodón, no s. XVIII. Tamén é o concello natal de David Livingstone, supoño?
Localización
Datos da estación
A Estación Roberton KPL está ubicada a 55,55 de latitude e -3,65 de lonxitude e a unha altitude de 248 metros. Situada, daquela, no concello de South Lanarkshire, Escocia.