4ª xornada

A Armenteira

Entorno

Xa estamos na 4ª xornada da Liga da Inverneira e esta vez imos tocar en A Armenteira  pertencente o concello de Meis o noso veciño do norte xusto no corazón do Salnés, situado dende o alto do Castrove ata lamber as beiras do río Umia.

Conta con una Historia que vai dende a a etapa neolítica coma o Dolmen de Casiña da Moura. Na idade do bronce temos petroglifos coma o de Outeiro do Cribo, e restos celtas, nen bargantes o que máis se coñece é o Mosteiro de Armenteira (coa igrexia ímos topar) foi fundado por un monxe chamado Ero no ano de 1149 pertencente á orde cistercense, a desamortización de Mendizábal supuso o seu final en 1837.

No ano de 1989 unha comunidade relixiosa trapense instalouse no mosteiro. A súa construcción comezou en 1167 e rematou en 1225 seguindo os preceptos do Plan Bernardin (ahí é nada) basado na funcionalidade e na austeridade coma resultado. Coma en todo o cister falta decoración predominando a arista viva e o seu claustro presenta una sucesión de bóvedas de crucería cunha oscilante complexidade.

Localización

concello de meis en mapa galicia

Datos da estación

A Estación A Armenteira está ubicada a 42,47º de latitude e -8,74º de lonxitude e a unha altitude de 256 metros. Situada, daquela, no concello de Meis, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 15 de Febreiro de 2012.
 

Sensores

  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sensor de Humidade Foliar
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 17 de Outubro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 15 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa