Entorno
Atopámonos en Muralla, no concello de Lousame, que posue un releve abrupto e con fortes contrastes entre a profundidade dos seus vales e as montañas que poden chegar ata os 800 m. polo que se distingue entre dous tipos de territorios: os que superan os 400 m e os vales formados polos ríos que discurren ata as rías de Muros e Noia.
Ainda que o protagonista da paisaxe é o monte por predominancia temos que destacar a gran presencia e abundancia de auga coma así o atestiguan a gran cantidade de muíños e fábricas de papel que atopamos nas ribeiras. A flora dominante son piñeiros e eucaliptos, moito terás que andar para atopar castiñeiros e carballos no fondo dos vales. Ainda que a súa historia comenza con vestixios da idade do bronce coma túmulos, petroglifos e tamén de época castrexa.
Pertenceu a diócese de Iria Flavia pero no ano 934 foi doada a igrexia de Compostela. No século XVIII un cura da zona fomentou a introducción do cultivo de millo, pero o máximo esplendor atopámolo na metade do século XIX coa creación de cinco fábricas de papel, das cales a máis próspera foi fundada no 1863 por Domingo Fontán (sobre este home podes leer o artigo escrito polo noso compañeiro/oráculo Popolo. O seu segundo momento de gloria económica vivíuna durante a II Guerra Mundial, coa apertura dunha mina de Wolframio.
Localización
Datos da estación
A Estación Muralla está ubicada a 42.745º de latitude e -8.77º de lonxitude e a unha altitude de 661 metros. Situada, daquela, no concello de Lousame, provincia de A Coruña, foi dada de alta en Xaneiro de 2001.
Sensores
Pluviómetro de Cazoletas
Anemómetro-Veleta
Sonda de Presión
Sonda de Temperatura y Humedad
Piranómetro
Sonda de Temperatura de Superficie/Suelo
Datalogger
Pluviómetro de Cazoletas
Gañadores anteriores
- 2016/17: Pepe
- 2017/18: Beocha
- 2018/19: Beocha
- 2019/20: Punteiro
- 2020/21: Balboa