6ª xornada
Serra da Faladoira
Entorno
Nesta sexta xornada imos ata a Serra da Faladoira no norte do noso país, en Ortigueira, coñecida mundialmente polo despiporre do seu Festival Intercéltico.
A historia deste concello arrinca fai úns 35000 anos. Consérvanse restos de megalitismo, dólmen e túmulos, tamén presencia castrexa. O historiador Plinio o Vello decía que aquí vivían o pobo chamado Arronis. A Serra da Faladoira ten altitudes superiores os 600 metros e podemos atopar vestixios dun bosque primixenio de carballos, castiñeiros e árboles de riveira pero pola contra está pragado de plantacións de eucaliptos. Nace en As Pontes e vai morrer no Mar cantábrico, formando o cabo de Estaca de Bares.
A súa ubicación xeográfica na confluencia entre o océano Atlantico e o Mar Cantábrico fai que a súa clasificación sexa como clima oceánico húmedo, o que ten como resulta unhas temperaturas suaves no verao e inverno, rondando os 14º C. de media anual e una amplitude térmica de case 10º. As precipitacións son abundantes e frecuentes no inverno cunha media anual de 1400 mm .Haberá que colle-lo chubasqueiro?
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Verducido
- 2017/18: Lume, Canducho
- 2018/19: Lume
- 2019/20: Punteiro
- 2020/21: Modesto