Grandes diferenzas

A xornada de Kalimpong deixóunos un gañador repetidor e unhas diferenzas na xerral que, nalgún caso, semellan insalvables. Por suposto, era de agardar, non choveu a gusto de tod@s, sendo a gran maioría os que quedaron sen puntos no parámetro de pluviosidade. Somentes catro xogadores superaron a barreira dos 50 puntos, ainda que estes o fixeron con solvencia. O resto sufriu para chegar ós 40 puntos, sendo só outr@s catro os que chegaron ata ese fito. Con estas desigualdades rematou esta segunda xornada do X Torneo de Vran en Bengala.

A temperatura máxima estivo por riba da maioría das apostas, chegando ata os 26º C. A mínima, con máis adeptos, marcou un valor de 21º C. A chuvia deixou 14 litros no pluviómetro, por baixo do conxunto de prediccións. O refacho máximo reflictíuse na derradeira hora, con 8 nós, 15 km/h.

Con estes datos Bar Pequeno volve marcar o mellor rexistro con 57 puntos e engade unha vitoria máis no seu palmarés. É o claro exemplo de que ninguén é profeta na sua terra. Mantén a cacheira da clasificación e aumenta ata os 10 puntos a sua diferenza co segundo despois de somentes duas etapas. Gran favorito ó título se segue nesta tesitura. Moito imos ter que apertar para desbancalo do liderato.

Con 56 puntos entrou M.B. Joaquín, a quen a subida do refacho privou de compartir a vitoria. Sube ata a 4ª praza e volve demostrar que se non se chega tarde pode estar entre os mellores. Mesma marca para Compoñente Sur, que gaña a 2ª praza da xeral e tentará loitar a morte co líder para facer historia dunha vez.

E a 3ª praza da etapa e tamén da xeral é para Rasta, outro tardoso por repetición que entra no Top-3 e agardará un erro dos de diante para arrexuntarse e tentar unha sorpresa.

48 puntos para Michi, que de non ser por unha marca horrible no refacho de vento podería estar entre o Top-5. Desfruta, as veces á vida dache unha alegria, desta vez o Top-10.

E 44 puntos para Pájaro, Sarabia e Víbora. Tod@s con rexistro similar de chuvia acadan as derradeiras puntuacións por riba dos 40 puntos. Pájaro e Víbora sitúanse no Top-10 e Sarabia xusto ás portas na posición 11, tod@s el@s no Top-16 de da boleto para a Ojete’s Cup.

Estas son as 8 mellores puntuacións en Kalimpong. Para acadar todos os datos que recollemos na etapa de Kalimpong, pica no enlace que te deixamos baixo estas letras.

E non caias en depresión, se esto sucedeu nas primeiras 2 etapas, que non pode pasar nas 3 que restan. Busca o teu lugar no Top-16!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *