Incertidume pluviométrica

A segunda etapa do Torneo de Vran en Bengala ten o aliciente de presentar a maior diferenza de apostas en chuvia de toda a historia. Semella que xogamos a cegas no norte do estado de West Bengal polo menos no que á auga recollida se refire. Pode volver tolear a clasificación xeral, ainda que máis de 20 puntos non se poden perder neste parámetro, pero acadar algún punto semella ser unha odisea.

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 22 e os 32º C. Polo que atinxe ás mínimas atopamos valores de entre os 19 e os 26º C. O parámetro de chuvis observa unhas diferenzas abismais, con valores dende os 5 ata os 125 litros. Unha marxe de 120 litros!! No que respecta ós refachos de vento, chegaron apostas dende os 4 ata os 37 km/h.

Con estas apostas agárdanos unha xornada moi emocionante que pode trocar sustancialmente a configuración da xeral e consecuentemente dos 16 apostantes que accedan á Ojete’s Cup. Pero esto somentes é unha segunda etapa, ainda que semella moita etapa e o gañador asumirá un subidón de autoestima considerable. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o remate da xornada. Quén quere desempeñar o papel de mito?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *