Benvid@s de novo a unha nova aventura meteoludópata de eltiempoentuojete. Nesta ocasión desprazámonos ata o norte do Mar Adriático para a desputa da X Liga de Primaveira. Ata mediados de Xuño ó longo de 10 etapas visitaremos Croacia, Italia e Eslovenia na procura dun vencedor para a única no mundo porra meteorolóxica amateur.
Contamos cun novo membro, Pájaro, e un reincidente de anteriores campañas, Okonor, ós que lle damos unha calurosa benvida a esta súa web. Agardamos que o voso paso por eltiempoentuojete quede reflictido nos anales da web, con conquistas e logros que permanezan nas nosas mentes durante xeracións de meteoludópatas.
Iniciamos esta nova competición en Croacia, na zona dos Lagos de Plitvice, un parque natural no oeste do país, preto das costas do Adriático. Semella que alí xa están en Primaveira, dacordo ás apostas recollidas este venres.
As apostas para temperatura máxima van dende os 20 ata os 26º C. Polo que atinxe ás mínimas, estas oscilan entre os 3 e os 15º C., unhas diferencias abismais entre os apostantes. Somentes Okonor sinala a presencia de chuvia, con 2 litros, ainda que quizais sepa algo que os demáis ignoran. No tocante ó refacho de vento, están representados dende os 12 ata os 39 km/h.
Como consello para as prediccións, observar que o máis importante vai ser atopar o sitio en cuestión, polo que recomendamos visitar á páxina de cada xornada, xa que o nome da etapa ven representado polo nome da estación meteorolóxica, que non sempre atende a un lugar concreto. Outro tema é distinguir lugares con nome presente noutros paises, como no caso das etapas en Croacia e Eslovenia, que poden figurar noutros paises como Bosnia, Serbia, República Checa, etc. Buscar o lugar xeográfico concreto será o máis importante.
Para acceder ós datos actualizados do MetOffice (cada 5 minutos actualízanse) temos preparado un tutorial ao que podes acceder dende eiquí. Pero como atallo, comentar que debes pulsar en “Table” na web de MetOffice (accesible dende o enlace de Resultados ao vivo) e despois de escoller os parámetros de observación (Observation options) e actualizar en “Upgarde table“, picar en “Table Summary” para acadar os mínimos e máximos en Temperatura (Air temperature), Pluviosidade (Rainfall accumulation) e Refacho de vento (Wind gust). Para estes últimos debes facer a conversión de nudos a kilómetros por hora.
E non vos preocupedes moito polos resultados desta primeira xornada, ainda quedarán 9 máis despois desta… Sorte a tod@s!!