Medindo as forzas

Semella que o tempo tamén ten unha dura competición para dirimir a supremacía climática na zona do océano Atlántico. As borrascas buscan o seu lugar nesta época do ano mentras se atopan coa resistencia do anticiclón, empeñado en facerse un sitio en pleno centro do Atlántico. Polo norte e polo sur, as borrascas ameazan a estabilidade dictatorial do anticiclón. Prepárase un golpe de estado meteorolóxico?

Unha loita similar vivimos na VIII Liga meteorolóxica de eltiempoentuojete. Tentativas de revolta, rebeldes na busca dun panorama político máis afín ós seus intereses e incluso novos profetas que tentan asaltar o trono da meteoroloxía amateur. Na contra, a orde establecida pretende manter os privilexios propios da burguesía acomodada. Se queres rebelión, non agardes por ninguén. 5 xornadas restan para o remate da Liga e as oportunidades estanse a consumir…

A inestabilidade meteorolóxica de toda esta semana continúa nesta fin de semana. Agardamos pouca ou ningunha chuvia, vento medio e temperaturas con pouca oscilación o estar ó carón do mar. As apostas en temperatura máxima abranguen dende os 12 ata os 15º C. Un pouco máis abertas son as apostas para temperatura mínima, situadas entre os 5 e os 11º C. A predicción para recollida de chuvia oscila entre a seca total e os 6 litros, máximo apostado. Os pronósticos para o refacho de vento van dende os 29 ata os 87 km/h., o parámetro con máis amplitude nos valores.

Achegámonos á parte final da competición e merece a pena seguir a etapa ao vivo dende este enlace, dende a 01:30 horas desta mesma madrugada. A partires de agora os puntos teñen un valor máis determinante e as loitas na xeral ainda teñen un percorrido final a dilucidar.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *