Mónica e o novo enfoque

Fontecada fixo honor á súa historia e deixou unha etapa apaixoante en con tódolos ingredientes necesarios para seguir a xornada ao vivo ata o derradeiro suspiro. Chuvia, vento, temperaturas cambiantes, e todo, ata o final da xornada. A Clasificación xeral mudando ó longo do día, con modificacións brutais que fixeron que poucas posicións non tiveran troco co resultado final. Esta é a crónica do acontecido e as mellores puntuacións do domingo en Fontecada.

As temperaturas subían no final do sábado e a xornada comezaba con 10º C. que chegaron ata os 12º C. no abrente e se mantiveran ata a tardiña do domingo. Esta foi a temperatura máxima final. Pola mínima tivemos que agardar ata o final do día, cando o mercurio baixou ata os 7º C. A chuvia tamén caeu con forza dende o inicio da xornada, con valores dezminutais que rebasaban o litro. Chegamos ás 16 horas con 58 litros, cando a chuvia amainou. Pero non sería a cota final, pois ás 24 h. o pluviómetro amosaba os 62 litros que serían definitivos. O vento tamén soprou forte durante todo o día, acadando o seu valor máximo de 73 km/h. antes da hora do vermú.

A partir destes datos obtivemos un gañador en soidade cunha espectacular marca de 58 puntos. Punteiro mallou a cantidade de auga, inédito nestas cantidades. Perdeu somentes un punto na temperatura e outro no refacho de vento, firmando un desenvolvemento abraiante. E iso nótase na clasificación, onde pasa do 16º posto ata o 13º, moi preto do Top-10, máis apertado que nunca. Parabéns pola vitoria e pola exhibición!!

Ata os 54 puntos temos que baixar para atopar o segundo clasificado e novo líder da Liga, o máxico e incombustible Botikas. Foi dos que optou por gran cantidade de chuvia e saíulle ben. Colle o liderato con 8 puntos de renda sobre Verducido e 15 sobre o antigo líder Kaltxon. Semella que a falta de 3 xornadas volverá a alzar o título de campión.

Verducido acadou 53 puntos á conta da cantidade de auga e supera a Kaltxon no segundo posto da xeral con 7 puntos de renda positiva e 8 de negativa sobre Botikas. Veremos se ainda ten marxe para desbancar ó líder e se pode manter a vantaxe sobre Kaltxon. Isto ainda non rematou.

Popolo firma un gran resultado con 52 puntos que lle valen para subir ata o 14º posto ainda que superado polo vencedor Punteiro. Pero de estar a 24 puntos do Top-10 pasa a estar a somentes 5 puntos, polo que a melloría é evidente e isto daralle folgos cara ás 3 etapas que completarán a Liga. Gran resultado!!

Só estes 4 participantes superaron a barreira dos 50 puntos. Con 49 atopamos a Beocha, Marius e Lume, gran puntuación a tenor da xornada. Beocha mantén o 4º posto e sitúase a 12 puntos do 3º posto con 8 de marxe sobre o 5º, Marius, que mantén a diferenza con Beocha e aumenta o marxe co 6º posto de Landrán a 10 puntos. Lume segue coa súa recuperación e chega ata o posto 16 e forza suficiente para acadar o Top-10.

Ata os 45 puntos temos que baixar para atopar os 2 seguintes marcadores da etapa. Mina e Michi melloran, con Mina superando a Xowi e quedando a 3 puntos de Landrán na 6ª posición. Michi sube 2 posicións, ata o 17 e a tiro de pedra do Top-15.

Estes son os 9 mellores marcadores da épica xornada de Fontecada. Para acadar tódolos datos do acontecido na 23ª xornada da X Liga da Inverneira, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *