Mordendo os pezuños

Nova xornada sobre mollado e na que tivemos que agardar ata o derradeiro minuto para obter tódolos datos dos parámetros precisos. O vento, baixo para a media de apostas, quedou anclado nos 44 km/h. xa dende as 03:00 horas da madrugada. Era o final de Ignacio, que tamén aportou preto de 7 litros ó mesmo tempo que o refacho. E quedou estancado, agardando pola borrasca anunciada para a tardiña. A primeira hora da mañán acadóuse a temperatura mínima, 4º C. Na sesión vermú o mercurio chegou ata os 7ºC. de máxima. Todo quedaba pendente do que chegaría entre lusco e fusco. A cazoleta da estación acumulaba 7,6 litros antes de que, ás 19:00 comezara a chover paseniño pero sen parada. E non paróu ainda cando xa rematara a nosa xornada e a auga chegaba ata os 13,5 litros.

Na faceta humana, estivemos a maior parte da etapa baixo o xugo de Budainca, con baixas cifras en auga e vento. Cara as 22:00 h. vía como tiña que compartir vitoria virtual con Xowi. Pero na derradeira hora de competición chegou dende atrás Landrán, quen con pleno na temperatura e na chuvia levou a vitoria en soidade, terceira xa nesta edición. Un par de descoidos fan que Landrán, o xogador máis loureado nesta edición, esté perdido no medio da clasificación xeral.

Cun punto menos, 52, os desafiuzados no derradeiro momento Xowi e Budainca. Xowi volta compartir praza con Modesto, que acadou 50 e xuntos vanse achegando a Punteiro, na 5º praza. Budainca tenta achegarse ó grupo que loita por entrar no Top-10.

Con 51 puntos está Julio, mantendo a 4ª praza e recortando puntos cos predecesores. Michi, que entra na batalla polas posicións que dan acceso os dez mellores. Sarabia sube ata o posto 15 tentando recortar co grupo de diante. Lume escada algún posto preto do Top-20 e semella buscar unha vitoria pola que suspira.

Un paso por tras, con 50 puntos está Botikas, que emparéllase coma líder a Verducido nun baile de posicións. Modesto segue mantendo o tipo ante o embate de Xowi, a máis de alonxarse un pouco de Marius. Víbora entra por fin no Top-10 e continúa na traxectoria ascendente. Kalandrakas non é habitual neste resumo dos mellores da xornada, pero cando non se penaliza é moito máis doado. Pecha o Top-11 de xogadores que acadaron os 50 puntos, feito que da conta da dificultade da xornada en O Courel.

Hoxe non ímos falar mal de ninguen xa que, a pesares de que pouc@s meteoludópatas acadaron os 50 puntos, tampouco ninguén baixou dos 40 pts., nen sequera o penalizado Denodeno. Noraboa por iso a tod@s!!.

Se queres debullar todo o acontecido na 18ª xornada da Liga da Inverneira, en O Courel, preme no botón abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *