Ainda metidos de cheo no tren de borrascas, este sábado imos recibir a visita de Ignacio. Despois de Gaetan e Hortense, Ignacio promete vento forte e chuvia intensa. Imos ver o panorama que agarda en chan ourensán, na Serra do Courel e se vai desbordar a Lagoa da Lucenza.
As temperaturas máximas oscilan entre os 5 e os 11º C. Máis apertadas están as mínimas, entre 2 e 6º C. A pluviosidade abarca apostas dende os 4 ata os 14 litros na sua maioría, ainda que atopamos 2 xogadores con máis de 20 litros. Os refachos de vento van dende os 40 ata os 90 km/h., ainda con algunha aposta por baixo de 30 km/h.
Con estes valores agárdanos unha xornada coa emoción ata o derradeiro minuto, coma sempre. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.