A terceira etapa do IX Torneo de Vran en India trouxo moitas alteracións á clasificación xeral, e xa podemos dicir que vai ser norma durante o desenrolo da competición. Desculpas polo retraso na publicación dos resultados finais, para atender a algún/ha meteoludópata que viu auga na estación en xogo, Dudhnoi_kvk. Finalmente constatamos que a estación que sinalaba a auga compartía o seu nome, pero somentes a medias, sen o “_kvk” e que pertencía a outro grupo de estacións neste estado de Assam.
Desta maneira podemos falar de unha temperatura máxima que acadou os 35º C. e unha mínima de 27º C. A chuvia non chegou á Dudhnoi_kvk, ainda que na súa irmá, tamén en Dudhnoi e a pouca distancia, recolleron 6 litros. O vento colleu a súa maior forza no inicio da xornada e marcando 30 Km/h.
Isto da coma resultado un cuarteto de vencedor@s con 56 puntos. Sarabia, Botikas e Bar Pequeno prediciron unha cubeta baleira e Michi engadíu un único litro. Bar Pequeno mallou temperatura e chuvia, pero tivo que compartir vitoria á conta dunha puntuación baixa no vento. Sarabia fai a a súa segunda vitoria e colle o liderato. Michi chega ata o 3º posto, mentras Botikas e Bar Pequeno acadan posto entre os 16 mellores no 8º e 13º lugar respectivamente.
55 puntos para Compoñente Sur, con 3 litros e as temperaturas malladas. Entra no Top-16 no penúltimo lugar de acceso, o 15º.
Mutombo, con unha xornada perdida, acadou 54 puntos e ainda pensa en dar unha machada e meterse no Top-16.
52 puntos aporta Lume para colocarse no 10º posto da xeral.
Verducido e Denodeno achegan 51 puntos no marcador. Verducido no 2º lugar e Denodeno no posto 20 a apenas 4 puntos do Top-16. Oscar, con 50 puntos e no 11º posto pecha a lista dos que acadaron 50 puntos ou máis.
Se queres coñecer todo o relacionado coa desputa da 3ª xornada, en Goalpara, pica no enlace embaixo este texto.
E na OjeteQuake 2022, un sismo na parte final da etapa, situado na Easter Island, tamén coñecida coma Illa de Pascua, subíu a 5,6 Mg. e rematou coma sismo máximo do domingo.
Compoñente Sur, dende o sur de Chile, foi o competidor máis preto do epicentro e suma 435 puntos e súa segunda vitoria sísmica histórica. Circula polo posto 26, con duas etapas perdidas. Xowi anotou 421 puntos dende Nova Caledonia e colle o segundo posto xeral, a 32 puntos do líder. Máis preto estaba Jose Lopez, pero a alta magnitude fixo que perdera a segunda praza da etapa. Fixo 411 puntos e ocupa o posto 22. Mesmos puntos para Botikas dende Vanuatu, que ascende ata o 8º lugar na xeral. 406 puntos para Aki dende a illa caribeña de Monserrat, subindo ata o posto 20.
Para acadar tódolos datos da 15ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón de enlace que atoparás baixo estas letras.