Chegamos á terceira etapa do Torneo de Vran na India e comeza a notarse a presión. Unha simple xornada pode trocar a clasificación xeral e darlle a volta que algúns precisan. Con resultados coma os das xornadas pasadas, ainda podes recuperar posicións e loitar polo título ou asegurar unha praza entre os 16 mellores que desputarán a Ojete’s Cup 2022.
As apostas para a temperatura máxima son altas, con valores entre os 33 e os 37º C. Tamén disparadas as mínimas, entre os 24 e os 28º C. As apostas en chuvia, con máis amplitude, oscilan entre os 0 e os 20 litros. No que afecta ao vento, os refachos están valorados entre os 10 e os 38 km/h.
Con apostas tan variadas temos ante nós unha emocionante etapa, que podes seguir ao vivo dende este enlace, a partires das 03:00 horas desta madrugada.
Na OjeteQuake 2022 chegamos ata a xornada 15, cada vez máis preto do final, pero con moit@s competidores con oportunidade de vitoria, tanto en etapas coma na xeral. A maioría de apostas seguen situadas no leste de Asia, entre o norte de Xapón ata o sur de Nova Zelanda. Varias marcas tamén na contorna da India, ao norte de Irán, na costa de Alaska, no Caribe na zona de Monserrat, sur de Chile e nas Illas Georgias/Sandwich.
Se non te queres perder nada do que aconteza na xornada sísmica, podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace, a partires das 02:00 horas desta madrugada.
As apostas:

