Non era Muralla a mellor etapa para xogar sobre seco, pero a sua altitude e situación entre as rías de Arousa e Muros-Noia fixo que as diferenzas foran máis vastas do agardado.
A xornada comezaba cun protocolo revirado, onde a temperatura acadou o seu máximo con 15º C. cara as 05:00 h. da madrugada, un horario que coincide máis coa marca mínima. Pouco máis tarde a mínima quedaba estancada en 11º C. Houbo que agardar ata a noitiña para ver como baixaba ata os 6º C., xa preto do final da xornada, sendo xa definitiva. A pluviosidade foi un parámetro inútil, mentras o vento foi subindo paseniñamente ata que cara as 22:00 h. marcaba o seu máximo diario con 51 km/h., trocando as posicións adoptadas ata ese momento.
A baixada da temperatura mínima e o aumento do vento nas derradeiras horas destacou a 2 xogador@s que acumularon 59 puntazos. Somentes 4 kilómetros separaron a Modesto de completar o pleno e ainda menos no caso de Beocha, somentes a 2 kilómetros da perfección. Clavaron as temperaturas e perderon un único punto no vento, puntuación inaccesible para o resto.
Lume, Julio e Verducido quedan un punto por tras, despóis facer unha grande etapa e sumar 58 puntos.
Con 57 puntos remataron Balboa, Popolo, Mingos, Punteiro, Zalamera e Rasta76, pechando as 11 mellores puntuacións da xornada en Muralla.
A xeral segue comandada dor Juanito Caminante, que segue a perder nas xornadas en seco a vantaxe acadada nos días de chuvia. Xowi segue na segunda praza a 6 puntos de diferenza. Recortou un punto, igual que Alucarda no terceiro lugar. Verducido sitúase 4º con 12 puntos por baixo. Nanuq e Beocha comparten a 5ª praza a 14 puntos de distancia. Sarabia no 7º paso e Modesto na 8ª, achegándose á cacheira da clasificación. Botikas un punto por tras, xa a 18 puntos. Con un menos chega Balboa ata o Top-10, despóis de sacar do mesmo a Aki e Mjölnir, en decadencia en Muralla.
Se queres acadar tódala información do acontecido na 8ª etapa da Liga da Inverneira, en Muralla,pica no botón embaixo estas letras.