É unha mágoa que esta etapa de Muralla se vaia xogar sobre seco. Unha das estacións de Meteogalicia que máis auga recollen cando chove semella vai quedar un pouco desvirtuada pola carencia de precipitacións. Pero cando establecemos o calendario de xogo sabiamos que podía suceder. E non por iso imos deixar de ter un vencedor e uns puntos vitais para a clasificación xeral. Sendo a disputa baixo o amparo do anticiclón estas etapas en alto, pero preto da costa non son sinxelas de predicir.
Polo que atinxe ás temperaturas máximas, o espectro está entre os 15 e os 22º C. Cando falamos das mínimas, temos valores dende os 8 e os 11º C. Coas casiñas de pluviosidade baleiras, quédannos unhas apostas para o refacho de entre 10 e 64 km/h.
Dadas as amplias diferenzas nas apostas estamos ante unha xornada vibrante na que unha pequena diversidade puntual pode decidir o desenrolo dos resultados. Deberías seguila ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 h. desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo en horario continuado ata o remate da etapa.