Fin de tempada en eltiempoentuojete con dous novos heróes abrindo a porta de cadanseu Olimpo. Julio venceu a Xowi nunha desputa que tivo que chegar ata o desempate por refacho. Namentras, Jose Lopez acada o seu primeiro título na Liga dos Terremotos, mantendo a posición ante os ataques dos seus contrincantes máis diretos.
A Ojete’s Cup tivo un desenlace sobre seco, o que fixo que os resultados foran moi parellos, con duas eliminatorias que chegaron ó desmpate por refacho de vento. A temperatura máxima estivo por baixo da maioría das apostas e a mínima entre o agardado. A chuvia non fixo aparición e o refacho foi baixo. Con estes parámetros a xornada foi moi apertada, deixando estes resultados.
A gran final entre Xowi e Julio foi unha batalla entre a experiencia e o empuxe novato, decidido o final cara Julio á conta da mellor aposta sobre vento. Na sua segunda aparición no torneo de un-contra-un acada trono no Olimpo Meteorolóxico, que o pode impulsar de cara a competición máxima de eltiempoentuojete, a Liga da Inverneira en Galiza. Xowi, despois de 7 edicións xogadas, mellora a 6ª plaza histórica e queda ás portas de gañar o torneo do K.O.
A terceira plaza foi para Lukas, que derrotou a Nanuq cunha mellor aposta na temperatura mínima. Gran resultado para os dous, que presentan optimismo cara a nova tempada.
Oscar arrincóulle a 5ª praza a Víbora, na que é a sua competición fetiche e onde consegue os resultados máis óptimos. Gañou tódolos parámetros, acadando a puntuación maior da xornada.
Sarabia tamén mellorou as apostas de Jose Lopez levando para a casa o 7º lugar, nunha tempada na que os dous melloraron con moito as suas expectativas.
Botikas e Kaltxon chegaron ó desempate, pero a aposta eólica de Botikas permitíulle primeiro remontar a diferenza nas temperaturas e despois levar a 9ª plaza no desempate.
Zalamera non se apresentou ó desafío e “regalou” a Beocha a praza 11 da competición. Semella que ten que mellorar no parámetro da puntualidade. Beocha remata no mesmo posto no que comezou o torneo.
Aki gañou sobradamente a Michi, sobre todo pola aposta en vento, que o deixa no 13º posto final.
Ocandepavlov pasou por riba de Breogán77, mellorando tódolos parámetros e eludindo a poza do purín. Breogán77 pasa de gañar todo na derradeira edición a perder os catro enfrontamentos neste 2021.
Para coñecer tódolos detalles da derradeira xornada da Ojete’s Cup en Escocia 2021 preme no enlace embaixo estas letras.
Na OjeteQuake 2021 mantivo o Top-5 como quedara na anterior xornada. Durante a maioría da etapa o maior quake estivo localizado en Tonga, que daba a prata a Rasta76 sobre Víbora. Pero o sismo definitivo nas Illas Sandwich, xa cara o final do día. devolvía a xeral o seu estado anterior.
Jose Lopez acada a vitoria por primeira vez nesta categoría, despois da competición sísmica con máis xornadas entre as desputadas ata agora. Foi o único competidor en superar os 400 puntos de media por xornada. Víbora mantivo a segunda praza con dificultades ante Rasta76, que logrou o terceiro chanzo do podio. Por tras, Balboa, Breogán77 e Lukas, por esta orde, con menos de 100 puntos de burato. Botikas chega a sétima praza superando a Mina e Beocha nesta derradeira xornada. A décima praza vai para Budainca, que fixo a mellor marca da etapa e chega ás 7 vitorias en soidade. Empatou a puntos con Julio, pero as vitorias de etapa volcaron a posición para Budainca.
Se queres indagar no acontecido na derradeira xornada da OjeteQuake 2021, clica no botón baixo este texto.
Ó longo desta semana faremos un resumo do acontecido na 8ª tempada de eltiempoentuojete, con comentarios e estadísticas, ademáis de adiantar cousas sobre a seguinte tempada, a 9ª de competicións meteorolóxicas. Namentras, podedes descansar ata o final de septembro, no inicio da 8ª Liga da Inverneira de Galiza. Nos traballaremos para ter preparado todo para a batalla meteorolóxica amateur única no universo coñecido. En breve, o resumo da tempada.