O efecto antipodal

O terremoto de onte nas Kermadec Islands, de magnitude 6,3, conleva un aviso por efcto antipodal. Este efecto fai que no lado oposto do planeta ao terremoto rexistrado se produzan pequenos terremotos ou réplicas antipodais. Iso fai que nestes próximos días sexan posible sismos de menor intensidade nunha área que fai centro na fronteira entre Marrocos e Arxelia. O radio de acción abarca ata Noruega polo norte, ata o Golfo de Guinea polo sur, Turquía, Exipto e Sudán cara o este e dende as Illas Azores ata Cabo Verde polo oeste. Europa está nesa área, polo que non sería de estranar a producción de sismos no Mar Mediterráneo ou incluso eiquí na Galiza. Avisad@s estades…

Polo que respecta á 11ª xornada da OjeteQuake 2021, hai dous titulares principais. Un deles, triste, a non comparecencia ou retraso dunha gran parte dos apostantes da Liga dos Terremotos. A outra, a primeira vitoria na competición sísmica de Compoñente Sur. Dous dos participantes loitaron pola desputa do territorio neozelandés das Kermadec Islands. Ambos con magnitudes relativamente baixas, derimiron a cuestión pola cercanía do obtetivo. Oscar, no oeste do sismo, quedaba máis lonxe e deixaba a vitoria a Compoñente Sur. Os dous rebañan puntos na xeral nunha xornada na que somentes media ducia de xogadores acadaron os 400 puntos.

Compoñente Sur sube ata o posto 14, cada vez máis preto do Top-10. Éste esta dominado ainda por Víbora, con Jose Lopez e Breogán77 coma “leais” compañeiros. Mina e Rasta76 están a pouco máis de 100 puntos do líder. Balboa, Xowi e Oscar seguen de preto ós seus superiores, mentras Julio e Iru notan a presión de manter as suas prazas no Top-10.

Se queres analizar por tí mesmo o acontecido na 11ª etapa da OjeteQuake 2021, preme no botón embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *