Fin de ciclo estacional en Ontario, cos resultados definitivos da IX Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Cociñóuse durante 9 xornadas e na 10ª, en Welland – Pelham fixemos o emplatado e eiquí presentamos os mellores platos treboentos.
En Welland – Pelham as temperaturas estiveron dentro do agardado, marcando 15º C. de mínima na actualización do histórico e 22º C. de máxima. O histórico engadíu 3 litros na cazoleta da estación e o refacho máximo tivemos que recollelo dende a xornada ao vivo, cuns pírricos 14 km/h.
Parella de vencedores en Welland, con Bar Pequeno e Mjölnir moi por riba d@s outr@s competidores. 57 puntos con grande eficiencia en tódolos parámetros. Mjölnir participou intermitentemente e remata no cabo da xeral e cunha vitoria en 3 xornadas desputadas. Bar Pequeno está a esquecer as demoras de outras edicións e mellora cara o vran, onde pode dar algunha sorpresa. Remata no posto 20.
4 participantes acadan a segunda mellor puntuación da xornada. Denodeno, Kaltxon, Rasta76 e Breogán77 con 54 puntos. Breogán77 case acada Top-10, pero tívose que conformar co 11º lugar da xeral. O resto rematou máis aló do posto 20.
Con 53 puntos temos a Botikas, Mina, Sarabia e Víbora no Top-10 e a Iago, que remontou ata un posto 15 final.
A Liga vai para Botikas, que remata con 9 puntos de diferencia cos persecutores, acadando o que é a sua segunda vitoria na Liga de Primaveira. Verducido remata segundo, apurado por Mina nesta derradeira etapa. Este é o podio da competición, con tres dos meirandes clásicos da predicción amateur. Sarabia fai 4ª e Beocha 5ª no desempate con Marius, 6º. Punteiro fai valer a súa vitoria para desempatar con Víbora, que queda 8º. Tamén Xowi supera por vitorias a Lukas, que remata 10º.
Se queres investigar no acontecido na derradeira xornada da IX Liga de Primaveira, pica no botón que atoparás baixo este párrafo.
A OjeteQuake 2022 chega ata a 10ª etapa, unha xornada que se pronosticaba con posibilidade de grandes sismos debido ós aliñamentos planetarios para o sábado e o domingo. Pero, polo contrario, foi un domingo con moito movimento pero de intensidade baixa. E tendo así un enxame de sismos de gama media, tivemos que desempatar entre os da mesma intensidade. Non dous, senón ata tres sismos máximos coincidían na magnitude de 5,1 Mg.
A primeira hora da madrugada tremía a terra (e a auga) en Georgetown, na Illa de Santa Helena. Situada no medio do Océano Atlántico, ao sur de Sierra Leona é o oeste da costa de Angola, concedía a vitoria a Marius. Éste acadaba 299 puntos en situación.
Pasado o mediodía rexistrábase un sismo de idéntica intensidade en Namie, na costa este de Xapón. O xogador máis preto era Sarabia, que situaba o sismo con 353 puntos, deixando fora o sismo de Marius.
Pero ainda levaríamos outro susto cara a noitinha, cando outro sismo de 5,1 Mg. facíase sentir no leste de Turquía, preto das fronteiras con Armenia e Irán. O xogador máis proximo era Modesto, que sumaba 347 puntos en localización. Grande puntería pero insuficiente na comparativa con Sarabia e seu quake nipón.
Desta maneira Sarabia vence na etapa cuns impresionantes 491 puntos. Segunda vitoria nesta edición, na que transita pola parte media da xeral, superando esta semana a barreira dos 20 primeiros, situándose no 18º lugar. Un pouco máis ao sur atopamos a Xowi, con 486 puntos, colocándose 3º na xeral. Preto da Illa Norte localizamos a Jose Lopez, con 483 puntos, o gañador da derradeira edición, agora en horas baixas, pero con marxe de tempo para a mellora. Tamén nesta illa estaba Beocha, que con 482 puntos entra no Top-20 no último banzo.
A Clasificación xeral segue liderada por Víbora, seguido de Kaltxon. A terceira praza é para Xowi despois do descalabro tardío de Balboa. A seguir ven Budainca, que tamén perde praza con Xowi. Se queres indagar no acontecido na 10ª etapa da Liga dos Terremotos, pica no enlace que deixamos baixo estas letras.
- En breves teredes noticias sobre a competición de Vran, situada no nordeste da India. E ainda que a competición meteorolóxica descansa esta semana, a OjeteQuake segue o seu camiño, polo que non esquezas apostar este próximo fin de semana.